Skip to Content

Libros de texto e material escolar

Curso 2024-25

Freepik

Listaxes de libros de texto e material escolar

Libros de texto

Material escolar

                

Consellos material escolar

CONSELLOS MATERIAL ESCOLAR

 

Achegámosvos algúns consellos a ter en conta á hora de realizar as vosas compras por se vos puidesen servir de utilidade:

  • Comeza as compras de material con tempo para poder comparar todas as ofertas que aparecen nestas datas e aproveitar este aforro.
  • Ten coidado cos comercios que ofrecen material escolar moi barato pero de escasa calidade. Os rapaces en xeral, sobre todo os máis pequenos, teñen costume de meter na boca e morder o material co cal é imprescindible que este teña pasado os controis de calidade para protexer a súa seguridade.

  • Evita mercar material de moi baixa calidade xa que a súa duración non compensará o seu prezo (un lapis de mala calidade pode durar un par de días).

  • Reutiliza. Non é necesario estrenar cada curso o material. Busca por casa todo o material doutros cursos que se conserve en bo estado e poidas reutilizar. O alumnado aprenderá o valor do aforro e a importancia de usar correctamente este material.

  • Intercambia material e libros de texto con outras familias sempre que sexa posible. Lembra que no centro hai un banco de libros.

  • Analiza ben as listaxes de material para procurar mercar lotes de produtos de calidade que sairán máis baratos. Podes falar con outras familias para mercar conxuntamente estes lotes e compartilos para aproveitar o aforro.

  • O material escolar non ten que estar de moda ou ser “bonito”, debe ser duradeiro e de calidade. Elixe sempre comparando calidade/prezo.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut