Skip to Content

Actividades nas aulas

Proxecto de centro 2024-25

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN!

Imaxe por freepik

O cine desembarca no Celso para encher as aulas da maxia da sétima arte.

Neste curso levaremos a cabo un proxecto multidisciplinar focalizado no desenvolvemento de competencias clave e centrado na temática do cine.

A progresiva chegada de equipamento e material, enmarcados no proxecto de Polos Creativos, permitiranos ir creando distintos espazos de aprendizaxe nos que se realizarán as tarefas dos miniproxectos bimensuais que temos programado e nos que o protagonismo estelar será para o noso alumnado.

E xa comezamos o primeiro día de clase coa música de bandas sonoras de películas que sustitúen ao timbre tradicional nas entradas e saídas e nos cambios de clase.

Por certo... conseguistes descubrir a que película corresponde cada banda sonora?

 

Proxecto didáctico de centro

6ºA coas mans na masa

A semana pasada, o alumnado de sexto A volveu ,coma todos os trimestres, á cociña para practicar matemáticas e facer unha desgustación das súas elaboracións.

O obxectivo era facer cálculos matemáticos que lles permitirían conseguir cada ingrediente e ter así os precisos para facer a receita ao completo.
Pasámolo "exquisito"!

Visita de Gonzalo Aguiar

No día de hoxe, o noso alumnado tivo a sorte de compartir unhas verbas co ciclista Gonzalo Aguiar. Este vigués converteuse no primeiro galego olímpico grazas á súa participación non Xogos de Seúl de 1988. 

Moitas grazas Gonzalo Aguiar!!!

 

 

 

Día do Libro - Apadriñamento lector

Hoxe, 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro convertindo o patio nun espazo de lectura onde o noso alumnado puido desfrutar ao aire libre da actividade de apadriñamento lector. Este ano os máis pequenos foron os mestres e mestras de cerimonia e escolleron un libro para lerllo ao alumnado dos cursos superiores que, en agradecemento, lle entregou un marcapáxinas que elaboraron como agasallo.

Gozaron da lectura en compañía e fixeron novos amigos e amigas. Feliz Día do Libro!

 

Charla Plan Director sobre novas tecnoloxías para 5º e 6º

Onte, 22 de marzo, contamos coa colaboración dun Policía Nacional que impartiu unha charla para o alumnado de 5º e 6º sobre a necesidade de manter un comportamento crítico e responsable e internet e os riscos que pode conlevar unha actitude irresponsable na rede. Ademais da información achegada contestou as numerosas dúbidas do alumnado. Agradecemos o seu bo facer, a súa empatía e a súa paciencia á hora de explicar e resolver as dúbidas.

Día Internacional da Muller 2023

Dentro do proxecto de centro Vivindo como galegas e galegos e con motivo da celebración do Día Internacional da Muller realizáronse actividades diversas nas aulas e o alumnado de 6º asistiu a unha charla desenvolvida por rapazas e rapaces do IES Álvaro Cunqueiro sobre esta temática.

A biblioteca tamén se sumou a esta conmemoración con exposicións e outros materiais de relevancia. Visita o seu blog

Agardamos que todas estas actividades sirvan de inspiración e motivación ás nosas alumnas e aos nosos alumnos.

Teatro en inglés 5º e 6º

Hoxe, 30 de xaneiro, desenvolvimos unha actividade de comprensión de oral en inglés asistindo a unha obra de teatro titulada What monster? no centro Afundación.

O alumnado de 5º e 6º puxo a proba as súas destrezas orais e, de paso, pasouno xenial. Ademais puideron ver a dous compañeiros e unha compañeira do cole saír ao escenario para formar parte do espectáculo. Unhas actuacións improvisadas de alto nivel!

Tríptico Ecofaros

O proxecto anual Ecofaros comezou e quixemos trasladaros a información sobre o que pretendemos facer na escola e o xeito de  colaborar.

Día do libro

DÍA DO LIBRO 2021

Este curso as Xeografías Lectoras marcan o rumbo das nosas bibliotecas. As actividades e recursos que se promoven van trazando camiños que percorremos construíndo o noso espazo lector.

Nesta viaxe que nos convida a ler o mundo, chegamos ao mes de abril, un mes cheo de vida na  biblioteca Moraima, onde este curso afondamos cun taller de creación de xeometría de Haikus.

Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas, compartindo  lecturas como este especial agasallo lector, do Día do libro, aportado polas Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

“Ler é un agasallo sen cancelas. Ou unha alfaia para

levar prendida ollos a dentro, buligando polas tripas;

entre as dedas, un formigo. Unha corza a carreira

aberta da área de Broca á área de Wernicke. Esa

corza intrépida pola selva cerebral. Fulgurante.

Intacta. Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar

sen varandas. Sen dúbida, vén sendo algo así coma

unha hucha ou ichavo da fertuna. Ler. Unha

transmutación. O don de quen abriu a hucha e segue

un rastro de frangullas ou pedriñas. Pedriñas da

ventura. O don e a dádi va. Do saber, as frangullas. Ler

é de certo unha xiganta, o seu sorriso, a súa

gargallada, o seu pranto e a súa fascinación arbórea.

Unha area que non escorre entre os dedos, que fica aí,

acesa. Aí, prendida na gorxa, na glote, glogloglo…

mais non dá impo. Fica. No hemisferio esquerdo, nas

esferas enteiras, nas fascias. Felicísima. Unha hucha

de doas innumerábeis, aladas. Sen varandas nin

cancelas. Porta sen cadeado, xanela sen caravilla,

poxigo sen tarabela, eira sen zarrume. Dentro, nos

ollos. A corza que volve, de a cabalo da xiganta,

buligando, sen martabela que coute, a carreira

aberta. Diamantes e frangullas. Todo lle colle no papo.

Unha alfaia de agasallo. Glogloglo… Le.”

Elvira Ribeiro

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut