Skip to Content

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Saidas didácticas

6º na Illas Cíes

O pasado martes pasamos un día estupendo nas Illas Cíes co noso alumnado de 6 de primaria. Á chegada ás Illas fixemos unha ruta ata o Faro de Cíes, onde puidemos observar as marabillosas vistas. Despois de xantar, estivemos na Praia, mergullándonos nas augas das Illas Atlánticas. Unha despedida para o noso alumnado xenial!

 

 

Quiñones de León

No día de hoxe, o alumnado de 5º visitou o pazo Quiñones de León onde o profesorado da Escola de Música Municipal de Vigo nos deleitou con unha ruta guiada cargada de historia e música de diferentes estilos. 

O salón coa súa escaleira de estilo inglés, a cociña de diario, a biblioteca e o gran comedor foron algúns dos espazos onde sonaron pezas clásicas de Beethoven e  Schubert, ou outras máis modernas como o o Inspector Gadget ou a Familia Adams.

Como remate da visita houbo un pequeno paseo polos xardíns do pazo.

Escola Municipal De Música De Vigo | Esmuvigo | Vigo

Visita a Apípolis

O venres 22 de abril o alumnado de 3º e 5º fixo unha saída a Apípolis para celebrar a chegada da primavera.
Alí puideron participar en distintas actividades relacionadas co mundo apícola, tales como: visitar un apiario, cociñar bolachas de mel, facer unha candea con cera e facer un percorrido guiado por unha pequena exposición sobre as abellas e as súas curiosidades.
Tivemos un tempo marabilloso e foi unha experiencia estupenda!

Xornada de escalada

No día de hoxe, o alumnado de quinto e sexto de primaria visitaron as instalacións deportivas da Universidade de Vigo para coñecer a unha escaladora viguesa que actualmente é campiona de Galicia por quinta vez e subcampiona de España: Araceli Vale. O alumnado coñeceu da man de Araceli, o material necesario para a práctica deste deporte e achegounos á competición deportiva desta disciplina olímpica.

 

 

Obradoiro primeiros auxilios 6º - 2023

O martes, 21 de marzo, o alumnado de 6º visitou o IES Álvaro Cunqueiro, xunto cos compañeiros do CEIP Balaidos e o CEIP Escultor Acuña.
Nesta xornada asistiron a unha actividade de primeiros auxilios desenvolvida polo alumnado de 1º de Bacharelato e coordinada polo profesorado de Educación  Física. 
Realizaron, tamén, unha visita guiada por todas as instalacións do instituto, primeira toma de contacto co seu novo centro.

Concerto música

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL 6º

O alumnado de 6º nivel foi ver un concerto da escola viguesa de música tradicional (E TRAD) ao auditorio do Concello. Desfrutamos moitísimo coñecendo a música que durante anos se desenvolveu nos distintos barrios de Vigo e gustounos tamén moito a interpretación dos músicos, que resultaron ser profes da E TRAD. Foi xenial!!

Non podemos esquecernos de sinalar a visita do noso alcalde ao auditorio. Alí animounos a que descubrísemos o marabilloso mundo da música popular galega cantando, experimentando e practicando coas nosas pezas máis xenuinas. Grazas por todo!

 

Ver fotos

Exposición fotográfica

TORMENTA DE CORES

O pasado 24 de xaneiro, o alumnado de 2º asistiu á exposición Operación: tormenta de pintura, dentro do espazo Colección de Arte Afundación.

Visitamos a exposición de arte e pintamos distintas figuras para montar, en grupos, un cadroe experimentara tormenta de pintura. Os cadros volverán ao cole cando estea seca a pintura.             

Divertímonos moito!!!!!

 Ver fotos

Teatro inglés

TEATRO EN INGLÉS

TARZAN

O alumnado de 5º e 6º asistiu á representación da obra de teatro en lingua inglesa titulada Tarzan. Tivemos unha xornada moi agradable e proveitosa na que puxemos a proba a nosa comprensión oral en inglés mentras gozamos dunha actividade cultural.

Martina, de 5º, tivo a sorte de ser escollida para participar na obra sendo un dos personaxes máis monos. Adiviñaches quen era? Si, a mona Cheeta. E fíxoo de marabilla!

 Ver fotos

Educación viaria

EDUCACIÓN VIARIA 5º

O pasado venres, 14 de decembro, estiveron connosco dous representantes da Policía Municipal. Con eles coñecemos en profundidade as diferentes partes da rúa e as súas funcións. Logo saímos ás proximidades do centro para observar os incumprimentos ás normas pola banda de peóns e de condutores.
Foi unha actividade moi importante e produtiva.
Grazas á Policia Local pola súa colaboración.

 

Ver fotos

Terras de Salitre 1º

VISITA DE 1º Á EXPOSICIÓN

TERRAS DE SALITRE

O alumnado de 1º realizamos unha saída didáctica á exposición de Cristina Mittermeier. A paixón polo mar é o fío condutor do seu traballo e a fotografía, a ferramenta coa que defender os océanos.

Terras de Salitre mostra o vínculo que nos une co gran azul a partir das experiencias vividas por esta fotógrafa e investigadora da National Geographic xunto ás xentes do mar, desde os inuits do Ártico ás pescadoras galegas, pasando polos surfeiros de Hawai.

Aprendimos moito e pasámolo xenial!

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut