PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE DA ESCOLA
DE TENIS AO ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º
O pasado 19, 20 e 21 de setembro pasaron polo noso centro representantes da Federación Galega de Tenis para presentarlle aos alumnos e alumnas do centro esta nova actividade: quecementos especiais, xogos adaptados e pequenos partidiños. Os nenos e nenas quedaron compracidos pola nova actividade que se vai desenvolver no pavillón todos os luns ás 17 horas. Desexámoslle un bo futuro a esta nova actividade!!!! |
|