Skip to Content

PLAMBE

 BIBLIOTECA MORAIMA

 

 

Descrición e recursos da biblioteca MORAIMA

A Biblioteca escolar, Moraima, é concibida como un centro de recursos permanente accesible a toda a comunidade escolar e como un espazo de integración e respecto.

A biblioteca elabora un  “Plan anual de lectura” que desenvolve o noso Proxecto Lector de Centro incluído na P.X.A do centro, que  concreta de xeito trimestral,  facilitando o desenvolvemento das actividades propostas, de forma organizada e coordinada. Todo isto en sintonía coa labor diaria de xestión do propio espazo e os seus recursos.

O Claustro, Consello escolar  e as familias consideran moi satisfactorio o grao de consecución dos obxectivos propostos na programación da biblioteca escolar e tamén da participación no PLAMBE.

     

Equipo de biblioteca

Responsable actual:  Mª Concepción Rodríguez Álvarez

Membros : Carmen Cao,  Ángeles Galego,  Beatriz Méndez,  Ana Fernández

  

Horario escolar e extraescolar

Cada titoría ten reservada unha hora en horario lectivo e todas as tardes de luns a venres de 16  a 18.00 h, está atendida por todos os profesores de garda.

Todos os recreos permanece aberta de 11.30 a 12 h.  ao coidado  do equipo de biblioteca.

O equipo de biblioteca realiza as súas tarefas  en horario lectivo:

  • A responsable da biblioteca conta con horario de dedicación exclusivo de catro horas semanais para realizar todas as súas funcións de coordinación do Equipo de Biblioteca. As  catro integrantes do equipo colaboraron cunha hora semanal  de dedicación  ás tarefas da biblioteca.
  • A biblioteca permanece aberta de luns a venres, en horario de recreo coidada polo equipo de biblioteca e todos os días de catro a seis  da tarde, agás os martes por coincidir con horario docente do profesorado.

  • En canto aos recreos, ademais dun mestre integrante do grupo de biblioteca, se formou a un equipo axudantes  voluntarios, pertencentes ao 5º e 6º nivel de primaria, que se rotan para desenvolver un traballo de colaboración e axuda aos compañeiros que o precisan.

  
Obxectivos xerais

  • Reforzar a biblioteca continuando dentro do proxecto PLAMBE.
  • Consolidar  o equipo  de biblioteca con representantes dos niveis.
  • Fomentar o hábito e o gusto pola lectura e contribuír a mellorar a práctica da lectoescritura e as habilidades informativas.
  • Aumentar a competencia lingüística do alumnado desenvolvendo o Plan Anual Lector    e Proxecto Lector do Centro.
  • Promover  a programación anual de actividades de xeito trimestral como indica PLC do centro e no PAL.
  • Implicar a toda a comunidade educativa na importancia da Biblioteca para o proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias clave.
  • Espertar sensibilidades, emocións e actitudes positivas cara aos diferentes tipos de literatura e formatos.
  • Fomentar o uso das novas tecnoloxías como recurso para o reforzo e ampliación dos contidos traballados nas distintas áreas curriculares.
  • Promocionar o uso da Biblioteca como espazo de aprendizaxe e como recurso para ocupar o tempo de lecer.

  

Actuacións en relación coa organización e xestión

  • Manter actualizada a Biblioteca cun novo plan de adquisión de fondo nos distintos formatos.

  • Continuar co expurgo e preparación de recunchos.

  • Achegar a biblioteca ás familias coa promoción de actividades conxuntas de animación a lectura.

  • Fomentar o uso da biblioteca en horario escolar e extraescolar.
  • Consolidar o equipo de axudantes de biblioteca, entre os alumnos de 5º e 6º de primaria

  • Continuar o programa de mochilas viaxeiras.

  • Estimular a experiencia lectora  e divulgala a través do noso blogue.

  

Actuacións en relación coa dinamización e fomento da lectura

  • Servir de eixo e nexo de actividades  entre a biblioteca e o  proxecto de investigación  anual do centro, e outros das  aulas.

  • Programar as actividades  trimestrais  e  celebracións para  a animación á lectura e á escritura.

  • Fomentar a lectura: con  encontros de autores e ilustradores,  sesións de contacontos, talleres e concursos de escritura creativa, exposicións, creación eventual de postos temáticos onde descubrir  títulos descoñecidos e interesantes sobre diferentes temas ou xéneros (medo, poesía, teatro…), utilización de certames e concursos que fomenten o interese dos alumnos pola lectura e o coñecemento.

  • Continuar coa biblioteca de aula facilitando o cambio de libros trimestralmente e achegando todas as novidades que se van adquirindo.

  • Reforzar o programa Hora de ler co préstamo en bibliocaixas.

  • Coordinarse cos equipos de TIC e dinamización da lingua galega, para a realización de actividades e conmemoracións.

  

Actuacións en relación á formación de usuarios e educación para a competencia dixital

  • Continuar coa sinalización da biblioteca: carteis visibles, atraentes e claros nas súas indicacións, tanto  pola ubicación como pola redacción, para facilitar a busca de información.

  • Desenvolver a Educación Documental e a Formación de usuarios, dunha forma  sistematizada e coordinada entre ciclos e etapas.

  • Familiarizar a alumnos e profesores co OPAC de MEIGA, para búsqueda de libros, opinión, e todas as enormes posibilidades que ofrece.

  • Formar aos axudantes de biblioteca para guiar aos seus compañeiros na busca de información.

  • Reforzar a formación do profesorado.

  

Actuacións en relación co fomento da lectura e desenvolvemento do Proxecto Lector de centro

  • Reforzar estratexias destinadas a fomentar o hábito lector, contemplando todo tipo de soportes.

  • Incentivar proxectos documentais integrados para mellorar as habilidades no uso da información e favorecer  as adquisición de competencias claves.

  • Espertar sensibilidades, emocións e actitudes positivas cara a lectura e a escritura.

  • Promocionar a nosa biblioteca no contorno e contactar con outras bibliotecas escolares cercanas e outras de referencia da cidade.

    

Criterios e procedementos de avaliación

  • Constatar a presenza de lectores na biblioteca diariamente e a utilización dos servizos da biblioteca por parte tanto do profesorado como do alumnado.

  • Realización de enquisas entre o profesorado e o alumnado de 5º e 6º nivel para avaliar o grao utilización dos recursos da biblioteca e a valoración da mesma.
  • Valorar o PLC e o PAL en sesións do equipo de biblioteca, Claustro e do Consello Escolar.
  • Rexistro anual dos instrumentos utilizados, libros de rexistro de lectores e usuarios dos recursos TIC e contabilidade de préstamos MEIGA.

  

Recursos da biblioteca nos procesos de ensino

  • A biblioteca conta cunha superficie principal organizada e adecuada para os alumnos de Primaria e un anexo complementario para fomento da lectura. Os libros de literatura están organizados en tres ciclos.Os libros informativos están organizados por temáticas con pictogramas de identificación. Tamén contamos cunha área de xestión do profesor bibliotecario.
  • A biblioteca ten sete novos equipos informáticos e unha tablet. Contamos con oito puntos de información na biblioteca, nos que organizamos quendas de uso nos recreos. Tamén contamos cun proxector para axudar nas distintas actividades de contacontos e conferencias, organizadas na biblioteca.
  • Desenvolvemos as competencias clave  coa biblioteca como eixe  e fonte de recursos:  proxectos de investigación interdisciplinares dende a aula, preparación conxunta entre profesor e alumnos dos contidos  e das saídas complementarias, elaboración de dossiers e exposicións finais aos seus compañeiros.
  • Realizáronse lecturas colectivas de diferentes títulos ao longo do curso en todos os niveis de Primaria, dos que logo promovemos visitas dalgúns dos autores.
  • Programáronse trimestralmente as distintas celebracións con distintas actividades xa resumidas anteriormente de fomento da lectura como contacontos, murais, dípticos informativos de pescudas, exposicións temáticas de libros,…
  • Utilízanse os recursos da biblioteca para atender á diversidade e compensar as desigualdades sociais: alumnos con adaptacións curriculares, estranxeiros, familias con problemas socioeconómicos. Fíxose unha especial programación o Día da Paz neste senso coa promoción de lecturas de valores e de educación emocional.
  

 Materiais producidos

A través do blog da biblioteca damos difusión dos materiais elaborados e novas da biblioteca:

Publicacións periódicas de  novas da biblioteca: http://moraima2011.blogspot.com.es/

Tamén contamos cun recanto para as nosas publicacións no propio espazo da biblioteca.

Contamos coa colaboración do equipo de dinamización das TIC, a través da páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/cepcelsoemiliovigo/

O alumnado Abalar tamén publicita no seu blog "oscelsos.blogspot.com.es"

  

 Temporalización de actividades

 

 

ACTIVIDADES

TEMPORIZACIÓN

RESPONSABLES

AVALIACIÓN

1º trimestre

Elaboración PAL , Plan Anual de Lectura.

Mes de setembro- outubro

E. D. Biblioteca

Anual

Celebración do día internacional das Bibliotecas Escolares

4º luns de outubro

E. D. Biblioteca

Anual

Celebración do Samaín  lecturas dramatizadas , exposicións e 3º certame do cómic do medo.

Semana 31 de octubre

E. D. Biblioteca

Anual

Semana da literatura de tradición oral: contos, cantos, lendas….

Semana 4-10 de novembro

E. D. Biblioteca

Anual

Mes da ciencia en galego

Mes de novembro

E. D. Biblioteca

Anual

Nadal:propostas lectoras.Libro reto

Mes de decembro

E.D. Biblioteca

Anual

2º trimestre

Introdución das mochilas viaxeiras

A partires de xaneiro

E. D. Biblioteca

Anual

Día da Paz

30 de xaneiro

E. D. Biblioteca

Anual

Actividade día dos namorados

14 de febreiro

E. D. Biblioteca

Anual

Día mundial da poesía

21 de marzo

E. D. Biblioteca

Anual

Celebración día do teatro                   3º certame literario de teatro

27 de marzo

E. D. Biblioteca

Anual

Actividades  de contacontos

2º trimestre

E. D. Biblioteca

Anual

3º trimestre

Semana da prensa

1ª semana abril

E. D. Biblioteca

Anual

Celebración día do libro

23 de abril

E. D. Biblioteca

Anual

Día das Letras Galegas

17 de maio

E. D. Biblioteca

Anual

Visita de autores

Por determinar

E. D. Biblioteca

Anual

Avaliación e elaboración da memoria

Mes de xuño

E. D. Biblioteca

Anual



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut