RUBICUNDO DE MARÍA CANOSA - 4º
O outro día, María Canosa estivo no noso cole. María é a autora de Rubicundo. Os nenos e nenas de 4º de primaria lemos este libro. Estivo connosco para explicarnos cousas que non entendiamos do libro e para contestar as preguntas que nós lle fixemos: "en que te inspiraches para escribir o libro, cando o escribiches,…" |
Cando rematamos as preguntas, María Canosa asinounos os nosos libros e púxolles unha dedicatoria como: “Que polo mundo encontres moitos Rubis amables e cariñosos”. Gustounos moitísimo este encontro coa autora de Rubicundo. Graciñas. |
Daniel e Zaíra
|
VER FOTOS |