SIMULACRO EVACUACIÓN 2016
Mércores despois do recreo. Un día normal de clase. De súpeto, o son da alarma rompe a rutina; segunda alarma, prevenidos todos; terceira alarma, evacuación!!! |
Todos en orde seguindo cadaquén o seu camiño e fuxindo do fume que sobe por unha das escaleiras. Chegamos ao punto de encontro e aparece protección civil e detrás o camión dos bombeiros!!! |
Os bombeiros entran en acción e comeza a extinción do lume. Todo un espectáculo contemplado por un alumnado emocionado. |
Resultado final: todos vivos e o colexio en pé!
|