CHARLA RISCOS DE INTERNET
CURSO 2015-16
|
O alumnado de quinto asistiu no colexio a unha charla para coñecer os riscos de internet. Esta actividade foi impartida por un membro da Policía Nacional, quen puxo de relevo a necesidade dun maior control sobre o acceso dos menores á rede. Así mesmo, lembrámovos que na páxina oficial da policía podedes atopar información moi interesante sobre un uso responsable de internet por parte dos menores e outros datos importantes para os adultos. |