Skip to Content

Información importante sobre as autodeclaracións de comedor Enlace

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Magosto 2012

MAGOSTO 2012

 O venres día 9 de novembro celebramos o Magosto coa celebración dun cross e coa tradicional castañada. Contamos coa colaboración da nosa ex-compañeira de Educación Física, Montse Estévez, que participou, xunto con parte do seu alumnado do IES Álvaro Cunqueiro, na organización do cross.

Agradecemos tamén a colaboración dos pais e nais da ANPA que desenvolveron un importante papel como castañeiros e castañeiras; así como a de Frutas Nieves que, outro ano máis, fixo unha doazón de castañas para esta festa.

 

ACTIVIDADES DA SEMANA DO MAGOSTO

  • Exposición: O castiñeiro que fala galego

O alumnado e o profesorado elaboraron un castiñeiro con materiais reciclables e desta árbore simbólica colgáronse todas as castañas feitas polo alumnado. En cada castaña hai unha frase ou refrán relacionado co Magosto.

 

Ver fotos

  • Obradoiro de cociña

O noso alumnado participou nun obradoiro de cociña que tivo como obxectivo a elaboración dunha deliciosa tarta de castañas coa posterior degustación. Podes atopar a receita no programa da actividades.

 

Ver fotos

  • VI edición do Cross San Martiño

Un ano máis celebramos este cross onde o máis importante é a deportividade e o compañeirismo. Ademais tivemos uns colaboradores de luxo: un grupo de rapaces e rapazas do IES Álvaro Cunqueiro que actuaron como monitores e axudaron na organización do evento.

Tamén nos acompañou o alumnado da EEI Cristo da Victoria que, xunto co seu profesorado, percorreu un itinerario co obxectivo de entregar unhas prezadas castañas a unha das nosas castañeiras.

 
REPORTAXE FOTOGRÁFICA DAS CARREIRAS

Carreira do alumnado de Ed. Infantil

Ver fotos

Carreira do alumnado de 2006

Ver fotos

   

Carreira do alumnado de 2005

Ver fotos

 

Carreira do alumnado de 2004

Ver fotos

   

 Carreira do alumnado de 2003

Ver fotos

Carreira do alumnado de 2002

Ver fotos

   

Carreira do alumnado de 2001

Ver fotos

Carreira do alumnado de maior idade

Ver fotos

   

 Carreira de monitores

Ver fotos

 
SÚBETE AO PODIUM CONNOSCO

 

Ver fotos



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut