Skip to Content

Visita a Sogama

VISITA A SOGAMA

 

O alumnado de 2º da ESO visitou as instalacións de SOGAMA (Sociedade Galega de Medioambiente) o venres 13 de abril. A visita foi programada polos departamentos de Atención Educativa e Bioloxía e durou toda a mañá. Encóntrase en Cerceda, a 27 km de A Coruña. En compensación polos cheiros que desprende o complexo construíron AQUAPARK pola zona.

 

 

 

SOGAMA mantén unha política de "portas abertas" a fin de potenciar que os distintos colectivos sociais poidan coñecer de cerca o seu labor e participen activamente nos distintos programas de educación e concienciación ambiental promovidos pola entidade.

O programa de visitas, polo que xa pasaron máis de 52.000 persoas, supón para SOGAMA unha grande oportunidade á hora de recoller as achegas, inquietudes e preocupacións dos distintos colectivos en torno á xestión dos residuos urbanos e medio ambiente en xeral, información que redundará, sen lugar a dúbida, na optimización e mellora dos procesos de xestión, medios empregados e campañas de sensibilización.

A duración aproximada é de 90 minutos, realizándose a visita á Planta de Clasificación de Envases e aos fosos de recepción de residuos a pé, mentres o resto do Complexo se visita en autobús.

 

SOGAMA é o instrumento principal para a xestión da fracción do lixo correspondente coa bolsa negra dos concellos de Galicia no Complexo Medioambiental de Cerceda.

Paralelamente Sogama participa como entidade xestora do Convenio Marco asinado entre Ecoembes e a Xunta de Galicia, efectuando a recollida da fracción lixeira (bolsa amarela) naqueles concellos que así o decidan, e destinando o material recollido nos contedores amarelos a un proceso de clasificación.

A recepción da bolsa negra e da bolsa amarela realízase inicialmente mediante unha rede de ecoplantas e miniplantas dispostas por todo o territorio galego.

A bolsa amarela e a bolsa negra de Vigo chegan en tren a Sogama (un dos dous grupos da viaxe educativa foi testigo delo) e aí sepáranse. Os plásticos da bolsa amarela embálanse segundo o tipo de plásticos que sexan e véndense para seren reciclados. Coa bolsa negra prodúcese enerxía eléctrica que abastecería as vivendas dunha cidade coma Vigo.

O esquema xeral dos fluxos de residuos até a súa entrada no Complexo Medioambiental de Cerceda é o seguinte:

Fig.1: Esquema de xestión da bolsa negra e bolsa amarela. Fonte: Sogama

O Complexo consta dunha serie de instalacións que encadean todas as actividades do proceso global: a Planta de Reciclaxe, a Planta de Elaboración de Combustible Derivado de Residuos (PRTE), a Planta de Coxeración (PCOX) e a Planta Termoeléctrica (PTE).

Na primeira delas trátase exclusivamente a bolsa amarela procedente da recollida selectiva, mentres que as outras plantas son as encargadas de tratar a bolsa negra en masa.

 Tódol@s alumn@s de 2º saben reciclar nos distintos contedores das illas de reciclaxe que están, na maioría dos casos, a uns poucos metros da nosa vivenda."

Os tres erres, REDUCE, REUSA e RECICLA axudan de manera importante a conservar os recursos naturais, a diminuír as emisións contaminantes, a aforrar enerxía e a evitar o desperdicio.

Invitámoste a que vexas estes vídeos:

Coa fin de que os grupos escolares interesados en facer un percorrido guiado polas instalacións de Sogama poidan preparar previamente a visita nas aulas, Sogama deseñou unha serie de unidades didácticas adaptadas aos distintos niveis educativos: Primaria, ESO e Bacharelato.

Axunto Tamaño
Descrición dunha visita educativa 459.81 KB
Descrición dunha visita técnica 356.45 KB

"As palabras, nesta visita, quedan eclipsadas pola realidade do que vemos" Carmen Pouso



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut