Skip to Content

Información importante sobre as autodeclaracións de comedor Enlace

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Saída a Samil

EDUCACIÓN FÍSICA

 

O 30 de marzo o alumnado de 5º de primaria e 2º da ESO foron a Samil nunha saída organizada polo departamento de Educación Física.

 

SENDEIRISMO POLO RÍO LAGARES

 

 

Saímos ás 9 e media e, andando, dirixímonos cara a Balaídos, alí collemos o sendeiro do río Lagares que nos levaría ata a praia de Samil. Neste percorrido fixámonos na fauna, na vexetación, na controvertida depuradora e na xunqueira da desembocadura do Lagares.

O regreso fixémolo polas novas beirarrúas da Avenida de Europa.


 

TENIS EN SAMIL

Ás 10 e 45 minutos chegamos ás pistas de tenis. Aquí quedou o alumnado de 5º de primaria.

Nas pistas de tenis esperábannos dous monitores da Federación Galega de Tenis. Fixemos tres grupos cos alumnos e, facendo rotacións de 40 minutos os nenos e nenas pasaron polas tres pistas de tenis que o IMD nos asignou para esta actividade.

Agradecementos á Federación Galega de Tenis a través de Alex e Iago. Así mesmo agradecer ao IMD o seu apoio a esta actividade colaborando coa cesión desinteresada das pistas de tenis durante dúas horas. Grazas.

 

“A diversión empezou o día 30 de marzo. Non me acordo da hora á que saímos pero si me acordo de que o pasamos xenial. Recordo ese día como se fose onte: saímos do cole cos alumnos da ESO e pareceume unha estupenda forma de levarnos mellor con eles. Despois dunha boa camiñata polo río Lagares, ¡¡¡por fin chegamos a Samil!!! Ao chegar estivemos sentados merendando para logo poder estar xogando ata non poder máis. Fomos ás pistas con tres monitores. Manolo era un deles e non me acordo do nome dos outros dous pero si me acordo de que ensinaban moi bien. Fixemos grupos e fomos alternando as pistas nas que había distintos exercicios.

Ao rematar sacamos unhas fotos e nos regalaron unha pelota de tenis a cada un a pesar de aguantarnos toda a mañá. O regreso ao centro fixémolo pola avenida de Europa. Ao chegar ao cole íanos dar as notas ¡Ai que nervios! Logo empezamos as vacacións.”

                                    Alexandre Areses Freán 5º A

 

“O venres trinta, o meu curso, 5º de primaria, fixemos unha saída ás pistas de tenis que están en Samil. Fixemos o camiño ata a praia pola ribeira do Lagares. Ao chegar alí merendamos e de seguido, puxémonos a xogar ao tenis. Iago e Alex fixéronse cargo de nós e ensináronnos algúns golpes de tenis. De regalo déronnos a cada neno unha pelota de tenis! O camiño de volta fixémolo pola avenida de Europa. Facía moita calor pero chegamos ao centro ás 13:30 horas. Só tivemos tempo para ir ao baño e falar un pouco entre nós.

Paseino moi ben!!!!”

                                                                        Marta Moreno Nieto 5ºB

 

“O día 30 de marzo, que era venres, tivemos unha saída a Samil. Saímos do colexio ás 9 da mañá e fomos andando polo camiño do río Lagares. Chegamos ás pistas de tenis ás 10 horas e alí, nas gradas merendamos antes de empezar a xogar ao tenis. Manolo fixo tres equipos entre todos os alumnos de 5º e deunos unha raqueta a cada un. O primeiro equipo foi con Alex, por certo Alex é árbitro de tenis, o segundo foi con outro profesor e o terceiro, que era onde estaba eu empezamos con Manolo. Aprendimos a xogar ao rei, xogar preto da rede e moitas máis cousas. Eu e os meus compañeiros pasámolo fenomenal. Voltamos andando ao colexio pola avenida de Europa, logo déronnos as notas e comezamos as vacacións de Semana Santa.”

                                                             Aleida Lorenzo Dopazo 5º B

 

 

CONDICIÓN FÍSICA EN SAMIL

 

Neste extraordinario paraxe o alumnado de 2º ESO traballou a condición física.

O entrenamento na praia permite:

  • O traballo descalzo. Deste modo os pés refórzanse notablemente previndo a aparición de lesións na súa bóveda.
  • Ao ser unha superficie menos dura, non provoca tanta sobrecarga articular como a pista, o asfalto ou os camiños.

Segundo os tipos de area pódense efectuar distintos traballos:

  • A da area seca (máis lonxana ao mar), os pés afúndense. Zona ideal para exercicios de traballo de forza individual e por parellas, arrastres, loitas, multisaltos a pés xuntos.
  • A zona de area case seca e prensada é ideal para exercicios de técnica de carreira, velocidade ata 20 m, multisaltos de todos os tipos.
  • A zona de area dura onde van e veñen as ondas. A dureza do chan é a máis parecida á da pista aínda que algo máis branda. Nesta zona pódense facer os mesmos traballos que na anterior; é a zona ideal para a carreira continua.
  • A zona na que a auga chega ao nocello é óptima para o trote de final da sesión, para exercicios de técnica de carreira que obriguen a elevar os xeonllos.

Este é un medio moi útil porque permite efectuar grande cantidade de xogos sen riscos de caídas traumáticas. Tamén psicoloxicamente é moito máis relaxante e agradable o traballo na praia que no pavillón, ximnasio..etc.
 

 

 

ACROXIMNASIA EN SAMIL


A acroximnasia  consiste na formación de figuras ou pirámides corporais. Fanse por parellas, tríos, cuartetos…etc.

 



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut