Skip to Content

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

EN FORMACIÓN

EN FORMACIÓN

Descrición:

Divídese o grupo en catro equipos. Nunha circunferencia colócanse catro conos nos catro cuartos da circunferencia. Cada equipo organiza os seus componentes en fila, fila que teñen que manter o longo do xogo. O monitor pode dar catro ordes: “0” teñen que xirar tódolos xogadores cara a súa dereita e non teñen que deixar de facelo ata que o monitor volte a decir “0”; nese momento cada equipo debe voltar o seu pnnto saída e colocarse en perfecta “formación”. “1” teñen que colocarse no cono que está en fronte pero indo sempre cara a súa dereita. “2” teñen que colocarse no cono que está a súa dereita. “3” teñen que colocarse no cono que está a súa esquerda. O equipo que como resultado de cada orde sexa o derradeiro en colocarse terá unha latra da palabra “CONO”. Pode xogarse con tres equipos se algún queda eliminado por conseguir completar a palabra “cono”. En ningún caso pode pisarse na circunferencia, si asi ocorre conseguiría unha letra. Si dous equipos ocupan o mesmo cono, o monitor averiguará a quen pertence esa posición e terá unha letra o equipo que non lle corresponda.
Distribución: por equipos
Material: 4 conos
Lugar: Aparcadoiro da porta de entrada do pavillón.



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut