Skip to Content

Día do libro

DÍA DO LIBRO 2021

Este curso as Xeografías Lectoras marcan o rumbo das nosas bibliotecas. As actividades e recursos que se promoven van trazando camiños que percorremos construíndo o noso espazo lector.

Nesta viaxe que nos convida a ler o mundo, chegamos ao mes de abril, un mes cheo de vida na  biblioteca Moraima, onde este curso afondamos cun taller de creación de xeometría de Haikus.

Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas, compartindo  lecturas como este especial agasallo lector, do Día do libro, aportado polas Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

“Ler é un agasallo sen cancelas. Ou unha alfaia para

levar prendida ollos a dentro, buligando polas tripas;

entre as dedas, un formigo. Unha corza a carreira

aberta da área de Broca á área de Wernicke. Esa

corza intrépida pola selva cerebral. Fulgurante.

Intacta. Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar

sen varandas. Sen dúbida, vén sendo algo así coma

unha hucha ou ichavo da fertuna. Ler. Unha

transmutación. O don de quen abriu a hucha e segue

un rastro de frangullas ou pedriñas. Pedriñas da

ventura. O don e a dádi va. Do saber, as frangullas. Ler

é de certo unha xiganta, o seu sorriso, a súa

gargallada, o seu pranto e a súa fascinación arbórea.

Unha area que non escorre entre os dedos, que fica aí,

acesa. Aí, prendida na gorxa, na glote, glogloglo…

mais non dá impo. Fica. No hemisferio esquerdo, nas

esferas enteiras, nas fascias. Felicísima. Unha hucha

de doas innumerábeis, aladas. Sen varandas nin

cancelas. Porta sen cadeado, xanela sen caravilla,

poxigo sen tarabela, eira sen zarrume. Dentro, nos

ollos. A corza que volve, de a cabalo da xiganta,

buligando, sen martabela que coute, a carreira

aberta. Diamantes e frangullas. Todo lle colle no papo.

Unha alfaia de agasallo. Glogloglo… Le.”

Elvira Ribeiro



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut