Skip to Content

Organización 1º día de clase

1º DIA DE CLASE: MÉRCORES 11 DE SETEMBRO

Horario de entrada:

  • Ás 9.00 h entrará o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.
  • Ás 10.00 h entrará o alumnado de 1º. (Reunión de benvida no salón de actos para alumnado e persoas acompañantes de ).

MATERIAL DO 1º DÍA DE CLASE

-O primeiro día todo o alumnado traerá un estoxo cun lapis, goma e afilapis e un caderno

-Traer o resto do material de xeito escalonado para non sobrecargar de peso ao alumnado seguindo as instrucións que facilitarán as titorías.

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS

  • 1º nivel: martes, 17 de setembro ás 17.00 horas na aula 102 (1º andar).
  • 2º nivel: martes, 17 de setembro ás 16.00 horas na aula 104 (1º andar).
  • 3º nivel: martes, 17 de setembro ás 16.00 horas na aula 110 (1º andar).
  • 4º nivel: martes, 24 de setembro ás 17.00 horas na aula 113 (1º andar).
  • 5º nivel: martes, 24 de setembro ás 16.30 horas na aula 201 (2º andar).
  • 6º nivel: martes, 17 de setembro ás 17.00 horas na aula 203 (grupo A) e na aula 204 (grupo B) (ambas as dúas no 2º andar).

 

ENTREGA LIBROS FONDO SOLIDARIO DE 3º A 6º

-Formulario de compromiso de coidado e devolución: darase ao alumnado o primeiro día para que o devolva cuberto e asinado.

-Non se precisa recoller os libros no centro, quedarán na clase para o seu uso unha vez recibido o documento de compromiso asinado.



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut