Skip to Content

Información importante sobre as autodeclaracións de comedor Enlace

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

MAGOSTO 2010

MAGOSTO 2011

Esta conmemoración enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno á data do San Martiño.  

A festa non sería tal sen contar coas actividades recreativas previstas para os rapaces/as. Este ano celebraremos a V edición do CROSS SAN MARTIÑO.

 

Decoración do centro polo alumnado


O alumnado da ESO na asignatura de plástica e alternativa dedicouse a decorar o centro con cucuruchos e con castañas

 

Exposición de froitos de outono


Esta exposición é un clásico no noso centro. Cada clase pode presentar unha cesta a concurso.

Houbo un gañador en primaria e outro en secundaria.

Cabazos, mazás, castañas, ourizos…. Encheron o corredor de entrada do edificio central.

As cestas gañadoras deste ano foron:

PRIMARIA 6º PRIMARIA
SECUNDARIA 1º ESO B

 

Exposición sobre a castaña


Este ano tivemos tamén unha exposición sobre a castaña, situada na entrada do edificio central.

A exposición estivo montada durante 20 días, para que todo o alumnado puidese visitala.

Elixíronse a dous alumnos de 1º da ESO A para mostrar a exposición ao resto do alumnado do centro, incluso a outros dous centros que viñeron invitados: O Centro de Educación Infantil Cristo da Victoria e o Centro de Educación infantil e primaria Illas Cíes.

 

Ver fotografías

O Cross


Este ano celebramos a V edición do CROSS SAN MARTIÑO. 

 

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO ademais de correr foron os árbitros da carreira

 

Ver fotografías

Tomando as castañas


Tras o esforzo é hora de tomar as castañas.

Un ano máis contamos coa colaboración e axuda das nais e pais dos alumnos/as para o asado das castañas. 

Ver fotografías

 



Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

page | by Dr. Radut