CHARLA CHUS LAGO
Estes días estivo polo colexio a nosa Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago. Unha recoñecida alpinista que alcanzou todos os oitomiles do planeta (todas as montañas de máis de 8000 metros de altitude). Foi a primeira muller española en alcanzar a cima do Everest sen osíxeno artificial. Explicou que aos 11 anos xa soñaba con escalar as montañas máis altas do mundo. Animounos a perseguir os nosos soños, a poñernos retos e loitar por conseguilos. Indicounos que con esforzo e constancia non hai meta imposible de lograr. Chus Lago enviounos un mensaxeiro anunciando a súa visita, e claro, chegou ao colexio en bicicleta. O mensaxeiro entregounos unhas mensaxes feitas en papel ecolóxico. |