Skip to Content

Actividades nas aulas

Almorzos saudables

ALMORZOS SAUDABLES

O centro participou no Programa Almorzos saudables, a importancia do almorzo, da Xefatura Territorial  de Sanidade.

 

Os días 4 e 5 de novembro os nenos e nenas de 1º cambiaron os seus hábitos diarios e almorzaron no cole puidendo escoller entre un delicioso e saudable almorzo mixto ou un mediterráneo. Ademais desta actividade encamiñada a ensinar ao alumnado e familias as bases dunha boa alimentación, tamén se traballaron hábitos de saúde bucodental.

O cole na radio

              O CELSO NAS ONDAS!

E chegou o día...

O salón de actos encheuse de alumnado que participaba como público e que asistía por primeira vez a un programa de radio. E comezou a emisión do Magazine La Mañana da Cadena Cope. Primeiro entrevistaron a membros da comunidade educativa: ao director, ao orientador, a unha representante da ANPA, á coordinadora TIC e á auxiliar de conversa.

Escoita a 1ª parte do programa: La Mañana (parte I)

Na segunda parte do programa interviron membros da corporación municipal: a concellala de educación e o alcalde.

Escoita a 2ª parte do programa: La Mañana (Parte II)

Un día diferente no cole e unha nova experiencia educativa!

Visita Cristo Victoria 2014

OS PEQUES VISITAN O COLE

 

O 11 de xuño visitaron o noso centro os nenos e nenas de cinco anos da EEI Cristo da Victoria. A intención era que coñecesen de primeira man as nosas instalacións. Despois da visita fíxose unha convivencia cos alumnos e alumnas de 1º de primaria: merendaron froita (amorodos e albaricoques) e durante unha hora, todos xuntos fixeron cinco xogos no pavillón. Como monitores dos xogos tivemos a dez alumnos e alumnas de 5º de primaria. Grazas aos monitores e a todos os que colaboraron nesta actividade.

Vémonos o próximo curso!

Horto escolar 3ºB

OS BECHOS DO NOSO HORTO ESCOLAR - 3ºB

Logo de moito indagar, de moito buscar e, sobre todo, logo de APRENDER FACENDO chega o momento de amosar todo o que sabemos.

Con moito esforzo e agarimo dende a aula de 3ºB estamos encantados de presentarvos o noso proxecto do Horto Escolar.

Agardamos sexa do voso agrado!

FAUNA

 

UN HOTEL DE BECHOS

 

OS NOSOS BECHOS

 

 CONTROLANDO AS PRAGAS

 

 

Horto escolar 2014

XA TEMOS HORTO!!!


Dentro do Proxecto de Centro A AGRICULTURA FAMILIAR E ECOLÓXICA: O HORTO ESCOLAR, e despois do mal tempo deste ano, por fin xa temos O HORTO ESCOLAR no recinto do noso colexio.

Cada clase ten o seu bancal onde plantou tomates, cebolas e leitugas. Tamén sementamos chícharos.

A clase de 4ºA fixo antes un horto de aula con diferentes bancais onde plantaron e sementaron allos, cebolas, chícharos, leitugas, pementos, fabas, berenxenas, tomates, perexill, amorodos, millo,... Unha vez que medraron foron trasladados ao horto exterior.

Amfiv 2014

 BALONCESTO AMFIV

2014

O mércores 12 e o venres 14 de marzo, visitaron o noso centro unha representación do equipo de baloncesto en cadeira de rodas AMFIV, que milita na división de honra nacional.

Este equipo de élite ten varios subcampionatos europeos e moi bos resultados en liga e copa.

Realizaron catro sesións con cada grupo de 4º e 5º de primaria con xogos de destrezas en cadeira de rodas e lanzamentos a canastra. Tamén houbo en cada sesión un pequeno torneo.

Os alumnos e alumnas do centro disfrutaron con esta actividade e dan os parabéns e as grazas ao AMFIV e en especial a Natxo, Sergio, Chema, Felipe, Nike e Santi.

 

Ver fotos

Para saber máis sobre este clube preme na imaxe.

UN DEBUXO PARA ROSALÍA 4ºA

UN DEBUXO PARA ROSALÍA - 4ºA

O alumnado de 4º A comparte coa comunidade educativa a súa homenaxe a a esta autora con motivo da celebración do Día de  Rosalía.

Logo horto escolar 2014

XA TEMOS LOGO PARA O HORTO ESCOLAR!

 

Tras o concurso convocado en decembro elixíronse un logo e un debuxo para elaborar o cartel do noso horto.

O logo escollido foi creado por Hugo Cea Mariño de 5ºB e o debuxo para o cartel realizouno Mario Rodríguez Pastrana de 6ºA.

Parabéns a ambos e o noso agradecemento a todas as persoas que participastes neste concurso.

 

 

LOGO

              

             CARTEL

 

Apadriñamento lector 2014

APADRIÑAMENTO LECTOR

Todos os nenos máis cativos do cole de 1º, 2º e 3º teñen o seu padriño lector en 4º, 5º e 6º.

Os padriños e madriñas investigan que tipo de lectura lle atrae aos seus afillados e buscan aqueles libros que cren interesantes e que lles gustarán. Un día de cada semana  serán os encargados de deleitalos coa súa lectura. Que orgullosos amosan o seu carné como padriños ou afillados!

Ver fotos

 

Hoxe falan os avós

HOXE FALAN OS AVÓS

A última semana de novembro celebramos outra actividade para conmemorar a Semana da Tradición Oral coa colaboración dos nosos maiores.

Tivemos a gran oportunidade de disfrutar coas historias que os nosos avós nos contaron e o director fíxolles entrega dun diploma conmemorativo pola súa intervención.

 

Ver fotos

 

Deixámosvos dous vídeos onde Margó e Eugenio nos contan as súas historias e vivencias persoais sobre a súa infancia, os xogos da nenez, a importancia do esforzo no traballo e comparten connosco estas ensinanzas do mesmo xeito que eles as recibiron: de xeito oral.

 Entrevista a Margó Yáñez Paz

 

Entrevista a Eugenio Abalde González

 

Desde aquí queremos agradecer a todos a súa participación:

- 1º A e 1ºB: Carmen Novelle Fernández (mestra do colexio xubilada).

- 2ºA: Eduardo Cameselle Iglesias.

- 2ºB: Fina Alonso (avoa de Lucas de 3ºA).

- 3º A: José Val (avó de Belén de 3ºA).

- 3ºB: Margó Yáñez Paz (avoa de Xoel de 3ºB).

- 4ºA: Pelayo Comesaña Ordóñez (avó de Diego Pérez de 4ºA)

- 4º B: Carmen Villar Estévez (avoa de Xián de 4ºA).

- 5º A e 5ºB: Dora Sánchez (avoa de Gabriel de 3ºB).

- 6ºA e 6ºB: Eugenio Abalde González.

 

 MOITAS GRAZAS A TODOS POR COMPARTIR A VOSA SABEDORÍA!!!
Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut