Skip to Content

Actividades nas aulas

Capoeira 2015

A CAPOEIRA CHEGOU AO COLE

Os nenos de 1º practicaron a capoeira, unha arte marcial brasileira que combina a música, a danza e a expresión corporal.

Mirade que ben o fixeron...

Balonmán

ANIMÁDEVOS A XOGAR AO BALONMÁN!

Un deporte moi divertido no que se poden meter goles coa man.

Ou pensabades que só existía o fútbol?

 

 

 

Corvos no xardin_1º ciclo

OS CORVOS DO XARDÍN - 1º CICLO


O pasado  venres  10 de abril, o alumnado do 1º ciclo (1º e 2º), tivo a visita de Miro Magariños que nos escenificou o conto Os corvos no xardín, de Aldous Huxley. Os nenos e nenas divertíronse moito e gozaron da representación do libro lido por eles.

 

Concerto 2015

TOCAR E SENTIR A MÚSICA NA ESCOLA

Esta semana asistimos a unha actividade musical no cole protagonizada polo profesorado da escola municipal de música de Vigo. O grupo de músicos, formado por un cuarteto de metais (trompeta, trompa, trombón e tuba) con percusión (batería), presentou os  instrumentos, as súas características sonoras, o seu funcionamento así como as obras musicais que interpretaron. E non faltou algunha que outra peza musical de moda!

Dobraxe na escola

DOBRAXE NA ESCOLA 6º

O día 2 de marzo o alumnado de 6º participou na actividade Dobraxe na escola, organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Os nenos e nenas convertéronse en actores de dobraxe poñendo voz, nada máis e nada menos, que a Bob Esponxa.
 

Bota e rebota e cae na túa boca

BOTA E REBOTA E CAE NA TÚA BOCA

Actividade promovida polo departamento de Política Lingüística do Concello de Vigo

O día 27 de xaneiro estiveron no centro unhas doutoras universitarias para investigar entre os alumnos e alumnas de 5º o grao de contaxio do virus do esquecemento da lingua galega.

Despois de facerlles unhas probas de axilidade, velocidade e resistencia física, lingüística e mental, chegaron á conclusión de que só uns poucos están afectados polo virus e moi levemente.

Desde aquí agradecemos o seu traballo e esforzo. Grazas.

Contos tradición oral galega

VENRES EN GALEGO

CONTOS DA TRADICIÓN ORAL GALEGA

O venres 23 de xaneiro, o alumnado de 5ºA fixemos unha actuación na que contamos aos compañeiros de 3º, 4º e 5º B do colexio, Contos da tradición oral galega. Son contos que foron recollidos tal e como están na memoria actual dos distintos informantes: vecinos, avós, pais e fillos... que, de boca en boca, foron chegando ata nós.

Eiquí lembramos algúns:

O nome do caracol. O sapo e o raposo. A merla. O salto do can. O gaiteiro e o lobo. O home, o burro, o can e o mono.

Loita 2015

INICIACIÓN DEPORTIVA: LOITA

Como antesala do Nadal, tivemos no cole a visita de Juan, un adestrador de loita olímpica, que nos ensinou que a loita é un deporte pacífico ademais de moi divertido. Aprender a empregar a nosa forza de xeito controlado e positivo foi xenial.

Pasámolo de medo!

Venres en galego_O corpo humano

OS VENRES EN GALEGO

Este curso os venres teñen algo especial: unha invitación a falar en galego e que a nosa lingua se faga presente en todo o cole, e unha invitación a realizar unha actividade ou participar nela. Co obxectivo de fomentar o uso da lingua realizáronse recentemente dúas actividades:

Recital de cantigas en galego do alumnado de 4º ao alumnado de 1º

Para visualizar esta actividade acceder ao blog da biblioteca premendo neste enlace: Venres en galego

 

O corpo humano

O alumnado de 1º ciclo participou nun xogo moi divertido consistente en situar tarxetas identificativas das diferentes partes do corpo humano no lugar correcto nunhas siluetas de tamaño real. Non foi tarefa fácil pero, coa axuda do alumnado de 5º, o resultado foi excepcional.

Tradición oral 2014

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL 2014

Continuamos este curso coa Semana da Tradición Oral con actividades protagonizadas pola comunidade educativa.

A VOLTA AO COLE DOS AVÓS

Novamente contamos no cole coa presenza dalgúns avós e avoas dos nosos alumnos e alumnas para facernos testemuñas das súas vivencias ao longo da súa vida, trasladándonos, á súa vez, grandes doses de sabiduría e cariño que tanto lles agradecemos.

Grazas Manuel, Elena, Amalia, Manolo, Ángel e Emilio pola vosa colaboración e por un traballo ben feito.

 

4º INTERPRETA CANCIÓNS PARA 1º

O alumnado de 4º interpretou varias cancións do Cancioneiro Popular Galego e de libros da colección Mamá Cabra contando como público co alumnado de primeiro.

Accede ao blog da biblioteca para ver os vídeos e fotos desta actividade

Tradición oral na biblioteca

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut