Skip to Content

Actividades nas aulas

Encontro autora-Mar Guerra

CHARLA COA ESCRITORA MAR GUERRA - 6º

O mércores 13 de abril a escritora do libro Xenaro e a negra sombra, Mar Guerra, veu ao noso colexio para darnos unha charla moi interesante.

Fixémoslle moitas preguntas e elas contestounas moi ben e con moitas anécdotas. A pregunta máis interesante foi: "Como te inspiraches na personaxe de Xenaro?".

Respondeunos que ela é como Xenaro, un pouco pesada ao falar e tamén un pouco "tiquismiquis". A charla foi moi divertida e instrutiva.

Logo, aos nenos que tiñan o libro, firmoullo cunhas agradables e simpáticas palabras.

Paseino moi ben, e gustaríame que sacase máis libros.

 

VER FOTOS

Simulacro 2016

SIMULACRO EVACUACIÓN 2016

Mércores despois do recreo. Un día normal de clase. De súpeto, o son da alarma rompe a rutina; segunda alarma, prevenidos todos; terceira alarma, evacuación!!!

Todos en orde seguindo cadaquén o seu camiño e fuxindo do fume que sobe por unha das escaleiras. Chegamos ao punto de encontro e aparece protección civil e detrás o camión dos bombeiros!!!

Os bombeiros entran en acción e comeza a extinción do lume. Todo un espectáculo contemplado por un alumnado emocionado.

Resultado final: todos vivos e o colexio en pé!

 

VER FOTOS

Horto escolar 2016

HORTO ESCOLAR

O noso horto xa está en marcha.

Un ano máis preparámolo, sementamos e plantamos moitos chícharos e leitugas. Agora quédanos coidalo ata o final do curso: quitar herbas, regar e cando sexa posible colleitar.
Así de fermoso está o noso horto.

 

VER FOTOS

Contacontos

CONTACONTOS - 2º

O día 18 de febreiro recibimos ao contacontos Paco Nogueiras, cargado con instrumentos musicais e un conxunto de contos nos que destacou Cantarolas de Xosé Neira Vilas.

 

VER FOTOS

Biblioteca familias

A BIBLIOTECA EN FAMILIA

Hoxe contamos coa compaña das familias para amosarlles a nova biblioteca. O noso alumnado volveu poñer a nota de cor ao evento recitando varios poemas do escritor Celso Emilio Ferreiro e interpretando unha canción con acompañamento musical con profesorado do centro.

Grazas a todas as persoas que asististes a este evento e ao alumnado que nos fixo partícipes do seu talento interpretativo.

VER FOTOS

Inauguración biblioteca

INAUGURACIÓN DA NOVA

BIBLIOTECA MORAIMA

Tras meses de intenso traballo inauguramos a nosa nova biblioteca Moraima!

Moitas ilusións e moito esforzo para crear un novo espazo de lectura e lecer do que puidese gozar o noso alumnado.

Neste emotivo acto puidemos asistir á interpretación dunha canción por parte de alumnado dirixido por un pai e axudado nos coros por unha nai e ao recitado de poemas do escritor Celso Emilio Ferreiro que dá nome ao noso centro.

 

Acompañáronnos neste día tan especial varias autoridades e representantes da comunidade educativa aos que lles damos as grazas pola súa presenza: o  noso inspector de educación, o alcalde, a concelleira de educación, o concelleiro de emprego, representantes do IES Álvaro Cunqueiro e da EEI Cristo da Victoria, representantes da ANPA e o anterior conserxe, Javier, que deseñou e realizou a montaxe de gran parte do mobiliario e, por suposto, profesorado e alumnado do centro.

VER FOTOS

 

 

 

Charla riscos internet

CHARLA RISCOS DE INTERNET

CURSO 2015-16

 

 

O alumnado de quinto asistiu no colexio a unha charla para coñecer os riscos de internet. Esta actividade foi impartida por un membro da Policía Nacional, quen puxo de relevo a necesidade dun maior control sobre o acceso dos menores á rede.

Así mesmo, lembrámovos que na páxina oficial da policía podedes atopar información moi interesante sobre un uso responsable de internet por parte dos menores e outros datos importantes para os adultos.

Policía Nacional

Diplomas e orlas 2015

ENTREGA DIPLOMAS E ORLAS 6º

2015

Día de despedidas pero, antes do gran acto, tocaba agradecer a súa desinteresada dedicación ao alumnado que participou no programa de mediación e colaborou para mellorar a convivencia no centro.

Parabéns polo voso traballo!!!

Logo asistimos á entrega de medallas aos equipos gañadores no torneo de cachibol.

E comezou a cerimonia de entrega de diplomas e orlas. Gravatas, roupa elegante e algún que outro peiteado de moda. Moita calor e moita emoción mesturada cun chisco de tristura. E, como non podería ser doutro xeito, algunha que outra bágoa que produciu un efecto contaxioso en parte do auditorio.

Remata unha etapa, comeza outra. Os nosos mellores desexos para todos eles.

Monte Aloia 4º 2015

VISITA AO MONTE ALOIA 2015

O alumnado de 4ºA e 4ºB tivo unha xornada final de convivencia e exercicio físico o pasado 3 de xuño no cume do Parque Natural Monte Aloia.

Visitaron a Aula Ambiental, practicaron orientación, construción de tendas de campaña e xogaron ata quedar moi, moi cansos.

 

balonman2015

TORNEO BALONMÁN INTERCENTROS

2015

O sábado 9 e o domingo 10 celebrouse no pavillón de Coia o primero torneo de balonmán intercentros do barrio, organizado polo Club de Balonmán Seis do Nadal.
Presentamos dous equipos benxamíns e dous alevíns. Os resultados foron moi bos. Os benxamíns quedaron primeiros e cuartos e os alevíns segundos e terceiros.
Parabéns!!!!!!

 

Podes ver máis fotos no seguinte enlace: Torneo interescolar
Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut