Skip to Content

Visita dos axentes forestais

O pasado venres tivemos a oportunidade de coñecer, un poco máis, a importancia do traballo dos axentes e bombeiros forestais. Asistimos a  unha charla que promoveu unha maior concienciación sobre a protección do noso medio ambiente e a preservación do monte. Posteriormente, no patio, este persoal altamente cualificado para a extinción de incendios, realizou unha demostración práctica  dos medios que utilizan para dito fin.
Moitas grazas, foi fascinante!!!!!!

Festival das letras galegas 2023

Concerto didáctico - Semana das Letras Galegas 2023

O pasado martes, 16 de maio, no marco das actividades da Semana das Letras Galegas, asistimos ao concerto didáctico do GRUPO ABRIL.

Da man de Antón, Claudia e Abril gozamos de dúas sesións de música Folk nas que todos puidemos cantar entre outros: O cantar do arrieiro, Arrolo ou canto do berce… e bailar: muiñeira, xota, pasodobre…

Moitísimas grazas, Abril!!!!!!!             Pasámolo xenial!!!!!!!!!

Charla divulgativa con Anxo Rajó Pazó - Semana das Letras Galegas 2023

 Imaxe extraída de : https://www.cultura.gal/es/destaque-dinamizacion/101879

 

O alumnado de quinto e sexto participou o 15 de maio nunha charla divulgativa na que tiveron a sorte de desfrutar das verbas de Anxo Rajó Pazó.
Este escritor e profesor relatounos a través de anécdotas a biografía de Don Paco Martínez del Riego, homenaxeado este ano no día das Nosas Letras.

Maratón infantil intercolexios 2023

-A Asociación de veciños de Coia organiza o domingo 11 de xuño, a partir das 10.30 horas, a XIII Maratón Infantil Intercolexios de Coia.

-Para participar deberán cumprimentar a autorización e entregala no colexio ou na asociación de veciños Cristo da Victoria, ata o 5 de xuño (data tope).

Maios 2023

"Aí vén o maio de frores cuberto..." escribía o gran poeta Manuel Curros Enríquez e ao noso centro tamén chegaron o maio e as flores coas que se construíron dous fermosos maios tradicionais que encheron de cor o patio.

Arredor deles as rapazas e rapaces cantaron e bailaron as coplas compostas polo alumnado de 5º e as familias tamén cantaron as súas coplas e interpretaron varias pezas con instrumentos tradicionais galegos.

O noso agradecemento a todas as persoas que colaboraron nesta actividade.

Froitómetro abril

Os alumnos e alumnas de 5°A recibimos o venres 14 de abril a nosa saborosa recompensa por teren sido o grupo do cole que máis froita consumiu no terceiro trimestre.

Con todo o que traía a caixa de agasallo fixemos: brochetas de froita do dragón, macedonia e incluso un guacamole con nachos.

Obradoiro primeiros auxilios 6º - 2023

O martes, 21 de marzo, o alumnado de 6º visitou o IES Álvaro Cunqueiro, xunto cos compañeiros do CEIP Balaidos e o CEIP Escultor Acuña.
Nesta xornada asistiron a unha actividade de primeiros auxilios desenvolvida polo alumnado de 1º de Bacharelato e coordinada polo profesorado de Educación  Física. 
Realizaron, tamén, unha visita guiada por todas as instalacións do instituto, primeira toma de contacto co seu novo centro.

Concerto didáctico Migrasóns 5º e 6º

Profesorado da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (E-TRAD)
 
O alumnado de quinto e sexto desfrutou onte, 23 de marzo, dunha saída ao auditorio do Concello na que tiveron  a sorte de gozar dun concerto de música tradicional e folk relacionada coa emigración galega.
Puideron cantar e participar, ao longo dunha hora, da historia da nosa cultura da man da música.

Charla Plan Director sobre novas tecnoloxías para 5º e 6º

Onte, 22 de marzo, contamos coa colaboración dun Policía Nacional que impartiu unha charla para o alumnado de 5º e 6º sobre a necesidade de manter un comportamento crítico e responsable e internet e os riscos que pode conlevar unha actitude irresponsable na rede. Ademais da información achegada contestou as numerosas dúbidas do alumnado. Agradecemos o seu bo facer, a súa empatía e a súa paciencia á hora de explicar e resolver as dúbidas.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut