Skip to Content

Programa Festival Nadal

Achegamos o programa do Festival de Nadal onde actuarán os grupos A.

-Data e lugar: 21 de decembro, no salón de actos.

-Horario do pase: de 10 a 11 horas (poderán asistir as familias ata completar o aforo do salón de actos).

Preme na imaxe para ver o programa

Comunicado

Comunicado ás familias

 

Achegamos no documento adxunto información sobre a situación actual dos centros educativos públicos de Vigo en relación á ausencia dos conserxes. 

Ver comunicado

Magosto 2023

Ao ritmo da música das Olimpíadas de Londres deron comezo as nosas probas atléticas do Magosto. Acompañounos o alumnado do Cristo, encargados do pistoletazo de saída. E como en toda proba deportiva que se prece, despois da actividade física tocaba recuperar forzas cos chouripáns e as castañas que tan ben nos prepararon as familias no patio.

Samaín 2023

Un, dous, un, dous e tres!, a ritmo de marcha celebramos o noso Samaín olímpico cunhas horripilantes cabazas en plena forma achegadas polas familias, que outro ano máis amosaron o seu bo facer.

Samaín

Imagen de Freepik

Un ano máis no Celso preparámonos para celebrar o Samaín o día 31 de outubro.

Pretendemos que o noso alumnado coñeza a nosa cultura e tradicións, por eso pedímosvos a vosa colaboración aportando cabazas talladas para facer unha gran exposición o martes 31 de outubro, e que xa poden traer ao colexio dende o luns 30.

Tendo en conta que este curso o noso proxecto de centro é As Olimpíadas, as nosas cabazas farán referenza aos distintos deportes participantes nelas. Como todos os anos o alumnado poderá vir disfrazado se así o desexa.

Grazas pola vosa colaboración e un saúdo.

Biblioteca Moraima

SERVIZO DE BIBLIOTECA

A partires do día 2 de outubro a biblioteca permanecerá aberta polas tardes en horario de 16:00 a 18:00, agás os martes.

Infórmase aos usuarios de que poderán facer devolucións e empréstitos dos libros, lectura, emprego de ordenadores...

Todo o alumnado deberá estar acompañado en todo momento dun adulto responsable que se fará cargo do seu coidado, agás o alumnado de 5º e 6º que teña autorización para abandonar só o centro escolar.

 

 

Organización 1º día de clase

1º DIA DE CLASE: LUNS 11 DE SETEMBRO

Horario de entrada:

  • Ás 9.00 h entrará o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.
  • Ás 10.00 h entrará o alumnado de 1º. (Reunión de benvida no salón de actos para alumnado e persoas acompañantes de ).

MATERIAL DO 1º DÍA DE CLASE

-O primeiro día todo o alumnado traerá un estoxo cun lapis, goma e afilapis e un caderno

-Traer o resto do material de xeito escalonado para non sobrecargar de peso ao alumnado.

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS

1º nivel: martes, 19 de setembro ás 17.00 horas na aula 104 (1º andar). Cambiado horario.

2º nivel: martes, 19 de setembro ás 17.00 horas no salón de actos. (Planta baixa).

3º nivel: martes, 26 de setembro ás 16.00 horas na aula 108 (1º andar).

4º nivel: martes, 26 de setembro ás 16.00 horas na aula 113 (1º andar).

5º nivel: martes, 19 de setembro ás 16.00 horas na aula 204 (2º andar).

6º nivel: martes, 19 de setembro ás 16.00 horas na aula 201 (2º andar).

 

ENTREGA LIBROS FONDO SOLIDARIO DE 3º A 6º

-Formulario de compromiso de coidado e devolución: darase ao alumnado o primeiro día para que o devolva cuberto e asinado.

-Non se precisa recoller os libros no centro, quedarán na clase para o seu uso unha vez recibido o documento de compromiso asinado.

Listaxes nivel e grupo

A partir do venres 8 de setembro, estarán expostas as listaxes do alumnado, por niveis e grupos para o curso 2023-24, no taboleiro do interior do centro.

Instrución 3/2023 comedor

Adxuntamos a Instrución 3/2023 sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024.

Enlace ao documento

Froitómetro xuño

Chega o último trimestre e con el os gañadores e gañadoras do Froitómetro do mesmo.

Outra ocasión da que sacamos proveito e, tras teren degustado anteriormente amorodos, froita do dragón..., hoxe tivemos a oportunidade de probar o mangostán.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut