Skip to Content

Información importante sobre as autodeclaracións de comedor Enlace

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Saidas didácticas

Visita ao IES Alvaro Cunqueiro

VISITA AO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

"O día 11 de xuño, os alumnos de 6ºA e B, fomos de visita en horario escolar ao Instituto Álvaro Cunqueiro.
Cando chegamos recibiunos o director e o profe de Lingua Galega. Faláronnos e explicáronnos cómo é o instituto.
Ensináronos todo: o pavillón, a sala de música, a biblioteca, a oficina do xefe de estudos e a do director.
Dende alí fomos ao salón de actos.
O director ensinounos fotos e vídeos do instituto e os seus alumnos, os festexos de Nadal, Entroido, Día das Letras Galegas, o Magosto, etc.
O pavillón do instituto é moitísimo máis grande que o do Celso Emilio.
Para o vindeiro ano, no instituto ímolo pasar moi ben. Coñecer nova xente, profesores, alumnos, etc.
E ao saír do instituto, regaláronnos unha revista que se chama O Trasno .
E con Begoña e Manuel, fixémonos fotos."

María Isabel Aguila. 6º

Excursión fin de curso de 6º de primaria 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA

(6º de primaria)


"Os días 30, 31 de maio e 1 de xuño fomos de excursión de fin de curso á LAMA.
No autobús, de camiño, presentáronse os monitores: Aroa, Tere e Matías.
Antes de chegar á Lama, fixemos unha parada para dar un paseo. Ensináronnos o río Verduxo, e fixemos xogos para coñecernos, porque tamén ía connosco o colexio Mallón de Nigrán. Despois volvemos ao autobús e de camiño fomos escoitando música.
Cando chegamos ao albergue, deixamos as maletas e fomos dar un paseo ás Ermitas, onde nos ensinaron dúas fontes moi especiais, e xogamos a un xogo moi divertido. Logo volvemos andando á cabana. Chegamos, comemos e fomos a xogar fóra.
Todos estabamos impacientes por ir ver as habitacións. Cando os monitores remataron de comer, fomos deixar as maletas nelas.
Pola tarde, subimos polas pontes. Foi moi divertido!! Despois fixemos tiro con arco.
Pola noite, cenamos e antes de ir á cama, fomos ver as estrelas.
Ao día seguinte, tirámonos pola tirolina e escalamos.
O terceiro día fomos ás termas de Ourense e a Castro de Lás. Que ben o pasei!!!"

 
Alba Mora. 6º de primaria

Excursión ao Monte Aloia

EXCURSIÓN AO MONTE ALOIA

"O mércores, 30 de maio os alumnos de 4º de primaria fomos ao monte Aloia de excursión.

Fomos todo o camiño cantando no autobús, non tardamos moito en chegar.

Ao chegarmos, puxémonos a camiñar. Polo chan había moitas cacas de animais que, por desgraza, algúns pisaron. Fixemos  unha actividade moi divertida sobre a vexetación autóctona da zona e tamén unha pequena ruta de sendeirismo onde observamos moitas árbores e plantas, tamén escoitamos como cantaban as rás.

Logo fomos en autobús ata a cima do monte, xogamos un pouco no parque e fomos comer. Despois  descansamos un pouco e fixemos algunhas actividades lúdicas e culturais. Nunha delas tiñamos que atopar un tesouro.

Cando rematou a excursión, invitáronnos a chupa-chups e tamén a xeados: ese era o tesouro.

Pasámolo moi ben!"

Mario  Rodríguez,  4ºA

Visita ao VigoZoo 3º de primaria

 

        VISITA AO VIGOZOO

 

O alumnado de 3º de Educación Primaria fomos ao zoo o xoves 7 de xuño, cun día un pouco chuvioso.

As monitoras ensináronnos os nomes de moitos animais que levan moito tempo no zoo e moitas curiosidades e características deles. O máis curioso foi tocar un corno como os primitivos para chamarse.

Finalmente, dimos un paseo por todo o zoo e rematamos vendo as arañas e serpes.

Un fantástico día con animais!


  

3º A de primaria                                                                  3º B de primaria

 

Concerto de Danni Griffin

CONCERTO DE DANNI GRIFFIN

 

"On Thursday 10th of May the boys and girls of 6ºA and 6ºB went to the Auditorio Mar de Vigo because Danni Griffin came to sing and to talk about his job. He makes songs for the Oxford English books. He sang and danced with us and he talked about English pronunciation, the importance of learning languages…

We laughed so much and we had such a good time!"

 

"O xoves 10 de maio os nenos  e nenas de 6ºA e 6ºB tivemos unha saída ao Auditorio Mar de Vigo porque Danni Griffin veu a cantar e a falarnos de seu traballo. El fai cancións para os libros de inglés da editorial Oxford. Cantou e bailou connosco e falounos sobre a pronuncia do inglés, a importancia de aprender linguas….

Rimos un montón e pasámolo xenial!"

 Ana Iglesias 6ºB

Varias opinións sobre a actuación:

  • Federico 6ºA: "Se por min fose, ademais de recomendalo, iría máis veces".
  • Isabel 6ºB: "Danni é moi divertido, é de Chicago. Ten unha voz encantadora e é moi alegre".
  • Yamil 6ºA: "Se me dixesen que teño que poñer nota do 1 ao 10 por como canta eu dáballe un 10".
  • Rosana 6ºB: "Danni baixaba do escenario e viña xunto aos nenos, e dáballes o micrófono para que cantasen eles".
  • Nicole 6ºA: "Pediunos que non deixaramos de aprender inglés porque é moi importante para o noso futuro".
  • Manuel 6ºA: "Pasámolo moi ben porque Danni sabía conectar moi ben connosco".
  • Antía 6ºA: "Intentamos tomarlle o pelo repetindo todo o que dicía, pero era el quen nos vacilaba a nós".
  • Nicolás 6ºA: "Non nos deixaba tempo nin para sentarnos".
  • Álvaro 6ºA: "Danni é moi simpático, canta moi ben e tivo moi boa man cos nenos".

Xincana literaria. Valentin Paz Andrade

XINCANA LITERARIA VALENTÍN PAZ ANDRADE NO VERBUM

"O mércores 9 de maio entramos no Verbum, dirixíronnos a unha sala para ensinarnos un vídeo sobre Valentín Paz Andrade…
Tiráronnos uns libriños cada un dunha  color, cada color era un grupo. Cada grupo ía a unha sala.
Na primeira sala, ese grupo dividíase en dous, grupo A e grupo B, e faciánnos preguntas sobre Valentín e o seu mellor amigo, Castelao; o que máis preguntas acertase gañaba.
Na seguinte sala había outra rapaza coma dunha editorial. Tiñamos que facer unha noticia sobre o atentado de Valentín Paz Andrade.
Na penúltima sala, un rapaz díxonos que tiñamos que encontrar unhas postais de países que estaban escondidas nunha sala, tiñamos que situalas nun mapa.
Na última sala dábannos como unha especie de canas para montarnos nuns barcos e gamelas, así pescabamos uns peixes de peluche. Pasámolo moi ben."

Brais e Alex  5ºA  

 

Paseo virtual polo Verbum

Visita a Sogama

VISITA A SOGAMA

 

O alumnado de 2º da ESO visitou as instalacións de SOGAMA (Sociedade Galega de Medioambiente) o venres 13 de abril. A visita foi programada polos departamentos de Atención Educativa e Bioloxía e durou toda a mañá. Encóntrase en Cerceda, a 27 km de A Coruña. En compensación polos cheiros que desprende o complexo construíron AQUAPARK pola zona.

 

 

 

SOGAMA mantén unha política de "portas abertas" a fin de potenciar que os distintos colectivos sociais poidan coñecer de cerca o seu labor e participen activamente nos distintos programas de educación e concienciación ambiental promovidos pola entidade.

O programa de visitas, polo que xa pasaron máis de 52.000 persoas, supón para SOGAMA unha grande oportunidade á hora de recoller as achegas, inquietudes e preocupacións dos distintos colectivos en torno á xestión dos residuos urbanos e medio ambiente en xeral, información que redundará, sen lugar a dúbida, na optimización e mellora dos procesos de xestión, medios empregados e campañas de sensibilización.

A duración aproximada é de 90 minutos, realizándose a visita á Planta de Clasificación de Envases e aos fosos de recepción de residuos a pé, mentres o resto do Complexo se visita en autobús.

 

SOGAMA é o instrumento principal para a xestión da fracción do lixo correspondente coa bolsa negra dos concellos de Galicia no Complexo Medioambiental de Cerceda.

Paralelamente Sogama participa como entidade xestora do Convenio Marco asinado entre Ecoembes e a Xunta de Galicia, efectuando a recollida da fracción lixeira (bolsa amarela) naqueles concellos que así o decidan, e destinando o material recollido nos contedores amarelos a un proceso de clasificación.

A recepción da bolsa negra e da bolsa amarela realízase inicialmente mediante unha rede de ecoplantas e miniplantas dispostas por todo o territorio galego.

A bolsa amarela e a bolsa negra de Vigo chegan en tren a Sogama (un dos dous grupos da viaxe educativa foi testigo delo) e aí sepáranse. Os plásticos da bolsa amarela embálanse segundo o tipo de plásticos que sexan e véndense para seren reciclados. Coa bolsa negra prodúcese enerxía eléctrica que abastecería as vivendas dunha cidade coma Vigo.

O esquema xeral dos fluxos de residuos até a súa entrada no Complexo Medioambiental de Cerceda é o seguinte:

Fig.1: Esquema de xestión da bolsa negra e bolsa amarela. Fonte: Sogama

O Complexo consta dunha serie de instalacións que encadean todas as actividades do proceso global: a Planta de Reciclaxe, a Planta de Elaboración de Combustible Derivado de Residuos (PRTE), a Planta de Coxeración (PCOX) e a Planta Termoeléctrica (PTE).

Na primeira delas trátase exclusivamente a bolsa amarela procedente da recollida selectiva, mentres que as outras plantas son as encargadas de tratar a bolsa negra en masa.

 Tódol@s alumn@s de 2º saben reciclar nos distintos contedores das illas de reciclaxe que están, na maioría dos casos, a uns poucos metros da nosa vivenda."

Os tres erres, REDUCE, REUSA e RECICLA axudan de manera importante a conservar os recursos naturais, a diminuír as emisións contaminantes, a aforrar enerxía e a evitar o desperdicio.

Invitámoste a que vexas estes vídeos:

Coa fin de que os grupos escolares interesados en facer un percorrido guiado polas instalacións de Sogama poidan preparar previamente a visita nas aulas, Sogama deseñou unha serie de unidades didácticas adaptadas aos distintos niveis educativos: Primaria, ESO e Bacharelato.

Axunto Tamaño
Descrición dunha visita educativa 459.81 KB
Descrición dunha visita técnica 356.45 KB

"As palabras, nesta visita, quedan eclipsadas pola realidade do que vemos" Carmen Pouso

Saída a Samil

EDUCACIÓN FÍSICA

 

O 30 de marzo o alumnado de 5º de primaria e 2º da ESO foron a Samil nunha saída organizada polo departamento de Educación Física.

 

SENDEIRISMO POLO RÍO LAGARES

 

 

Saímos ás 9 e media e, andando, dirixímonos cara a Balaídos, alí collemos o sendeiro do río Lagares que nos levaría ata a praia de Samil. Neste percorrido fixámonos na fauna, na vexetación, na controvertida depuradora e na xunqueira da desembocadura do Lagares.

O regreso fixémolo polas novas beirarrúas da Avenida de Europa.


 

TENIS EN SAMIL

Ás 10 e 45 minutos chegamos ás pistas de tenis. Aquí quedou o alumnado de 5º de primaria.

Nas pistas de tenis esperábannos dous monitores da Federación Galega de Tenis. Fixemos tres grupos cos alumnos e, facendo rotacións de 40 minutos os nenos e nenas pasaron polas tres pistas de tenis que o IMD nos asignou para esta actividade.

Agradecementos á Federación Galega de Tenis a través de Alex e Iago. Así mesmo agradecer ao IMD o seu apoio a esta actividade colaborando coa cesión desinteresada das pistas de tenis durante dúas horas. Grazas.

 

“A diversión empezou o día 30 de marzo. Non me acordo da hora á que saímos pero si me acordo de que o pasamos xenial. Recordo ese día como se fose onte: saímos do cole cos alumnos da ESO e pareceume unha estupenda forma de levarnos mellor con eles. Despois dunha boa camiñata polo río Lagares, ¡¡¡por fin chegamos a Samil!!! Ao chegar estivemos sentados merendando para logo poder estar xogando ata non poder máis. Fomos ás pistas con tres monitores. Manolo era un deles e non me acordo do nome dos outros dous pero si me acordo de que ensinaban moi bien. Fixemos grupos e fomos alternando as pistas nas que había distintos exercicios.

Ao rematar sacamos unhas fotos e nos regalaron unha pelota de tenis a cada un a pesar de aguantarnos toda a mañá. O regreso ao centro fixémolo pola avenida de Europa. Ao chegar ao cole íanos dar as notas ¡Ai que nervios! Logo empezamos as vacacións.”

                                    Alexandre Areses Freán 5º A

 

“O venres trinta, o meu curso, 5º de primaria, fixemos unha saída ás pistas de tenis que están en Samil. Fixemos o camiño ata a praia pola ribeira do Lagares. Ao chegar alí merendamos e de seguido, puxémonos a xogar ao tenis. Iago e Alex fixéronse cargo de nós e ensináronnos algúns golpes de tenis. De regalo déronnos a cada neno unha pelota de tenis! O camiño de volta fixémolo pola avenida de Europa. Facía moita calor pero chegamos ao centro ás 13:30 horas. Só tivemos tempo para ir ao baño e falar un pouco entre nós.

Paseino moi ben!!!!”

                                                                        Marta Moreno Nieto 5ºB

 

“O día 30 de marzo, que era venres, tivemos unha saída a Samil. Saímos do colexio ás 9 da mañá e fomos andando polo camiño do río Lagares. Chegamos ás pistas de tenis ás 10 horas e alí, nas gradas merendamos antes de empezar a xogar ao tenis. Manolo fixo tres equipos entre todos os alumnos de 5º e deunos unha raqueta a cada un. O primeiro equipo foi con Alex, por certo Alex é árbitro de tenis, o segundo foi con outro profesor e o terceiro, que era onde estaba eu empezamos con Manolo. Aprendimos a xogar ao rei, xogar preto da rede e moitas máis cousas. Eu e os meus compañeiros pasámolo fenomenal. Voltamos andando ao colexio pola avenida de Europa, logo déronnos as notas e comezamos as vacacións de Semana Santa.”

                                                             Aleida Lorenzo Dopazo 5º B

 

 

CONDICIÓN FÍSICA EN SAMIL

 

Neste extraordinario paraxe o alumnado de 2º ESO traballou a condición física.

O entrenamento na praia permite:

  • O traballo descalzo. Deste modo os pés refórzanse notablemente previndo a aparición de lesións na súa bóveda.
  • Ao ser unha superficie menos dura, non provoca tanta sobrecarga articular como a pista, o asfalto ou os camiños.

Segundo os tipos de area pódense efectuar distintos traballos:

  • A da area seca (máis lonxana ao mar), os pés afúndense. Zona ideal para exercicios de traballo de forza individual e por parellas, arrastres, loitas, multisaltos a pés xuntos.
  • A zona de area case seca e prensada é ideal para exercicios de técnica de carreira, velocidade ata 20 m, multisaltos de todos os tipos.
  • A zona de area dura onde van e veñen as ondas. A dureza do chan é a máis parecida á da pista aínda que algo máis branda. Nesta zona pódense facer os mesmos traballos que na anterior; é a zona ideal para a carreira continua.
  • A zona na que a auga chega ao nocello é óptima para o trote de final da sesión, para exercicios de técnica de carreira que obriguen a elevar os xeonllos.

Este é un medio moi útil porque permite efectuar grande cantidade de xogos sen riscos de caídas traumáticas. Tamén psicoloxicamente é moito máis relaxante e agradable o traballo na praia que no pavillón, ximnasio..etc.
 

 

 

ACROXIMNASIA EN SAMIL


A acroximnasia  consiste na formación de figuras ou pirámides corporais. Fanse por parellas, tríos, cuartetos…etc.

 

Are you ready?

ARE YOU READY?

 

 

O alumnado de 2º de ESO asistiu á obra de teatro en inglés "Are you ready?", o 13 de marzo, no auditorio de Salesianos.

An interactive comedy in which the audience and actors mix up their roles. Anything can happen in this show; well, almost anything… nobody is going to speak any other language than English!

Una comedia interactiva en la cual el público y los actores interactúan mezclando sus papeles. Cualquier cosa puede pasar en este espectáculo; ¡Nadie puede  hablar otra lengua que no sea el inglés!


Visita ao castelo de Sotomaior

OBRADOIRO MEDIEVAL DOS ALUMNOS DE 2º ESO NO

CASTELO DE SOUTOMAIOR

 

Os días 23 e 24 de febreIro os alumnos de 2º de ESO fixeron unha viaxe no tempo e trasladáronse á Idade Media no Castelo de Soutomaior.

Durante unhaS unas horas foron nobRes cabaleiros, damas e tamén servos da terra sublevados contra os señores. Probaron a “xustiza” medieval, sufriron prisión, utilizaron arcos, ballestas e catapultas, armas de fogo. E comprobaron as dificultades e pequenos avances da medicina medieval, tan distinta segundo se tratase do territorio musulmán ou do cristián. E riron moito, moitísimo.

Reportaxe fotográfica de 2º ESO A

Reportaxe fotográfica de 2º ESO B

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut