Skip to Content

Información importante sobre as autodeclaracións de comedor Enlace

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Saidas didácticas

Centro interpretación I. Atlánticas 4º -5º

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN

DAS ILLAS ATLÁNTICAS - 4º e 5º

 

Os días 3 e 5 de abril de 2013, o alumnado de 4º e 5º visitou o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas que está situado no edificio Cambón na rúa Palma de Vigo. Despois fixo un percorrido polo Casco Vello da cidade, vendo a ría, a estación marítima e as rúas e os edificios máis importantes, con especial mención ao edificio da rúa Real onde se ubicaba a imprenta onde se editou o famoso libro de Rosalía de Castro, Cantares gallegos.

No arquivo adxunto poderás ver un tríptico cunha guía do Casco Vello de Vigo elaborada polo alumnado de 4ºB para preparar esta saída didáctica.

Educación vial 6º 2013

EDUCACIÓN VIAL EN O CASTRO - 6º

O pasado día 4 de marzo fomos ao circuíto de bibicletas de O Castro.

Separámonos en 2 grupos; primeiro, aos dous grupos á vez, ensináronnos entre outras cousas, como sinalizar coas mans cando vas xirar ou frear na bicicleta.

Logo, os grupos separáronse; o primeiro foi cun policía moi amable chamado Antonio, colleron unha bici e un casco e montáronse nas bicis. Nese mesmo grupo formábanse tres ou catro grupos distintos, en cada grupo había un líder que ía rotando, a función dese líder era que os demais do seu grupo o seguisen.

O outro grupo era dirixido por unha muller policía tamén moi amable chamada Pilar, leváronnos a unha pequena sala onde había unhas mesas e unhas cadeiras; alí tamén o grupo foi dividido en tres ou catro. Entregáronos unhas follas de pasatempos a cada un. Pero cada grupo tiña que responder o mesmo poñéndose de acordo.

Unha vez que todos os grupos terminaran, a monitora díxonos as respostas e nós corrixímolas.

En total estivemos media hora nas bicis e media hora na aula.

FOI MOI DIVERTIDO!!!!

Ramón, Brais e Diego C.

Concerto guitarra

CONCERTO DE GUITARRA

 

O pasado xoves, día 7 de marzo, os alumnos de 1º e 2º, foron invitados a un concerto de guitarra celebrado na EEI Cristo da Victoria. Alí recibiron unha breve explicación sobre este instrumento musical e remataron a actividade participando nunha fermosa danza.   

Alcampo 4º

SAÍDA AO HIPERMERCADO ALCAMPO

O mércores día 20 de febrero de 2013, fomos  ao hipermercado Alcampo 1, o alumnado de 4º A, situado no noso barrio de Coia.

 Saímos facendo unha andaina curta ata chegar ao hipermercado, observando o traballo da tala  das arbores  da Av. Castelao, que posteriormente imos repoboar.

No hipermercado, estudamos as seccións, facendo unha observación  especial nas froitas tropicais. Tamén poidemos visitar cun traxe especial hixiénico os obradoiros de alimentación, como o da carne e o  pan, … as seccións de embalaxe, etc...

Finalmente, obsequiaronnos  cunha merendola no Flunch e distintos agasallos. Volvemos para o colexio andando e contentos de coñecer os interiores e as distintas seccións dun hipermercado.

 

Museo do mar-4º

VISITA AO MUSEO DO MAR - 4º

Premer na imaxe para acceder á páxina do museo

As aulas de cuarto de Educación Primaria fomos ao Museo do Mar, o mércores 12  de decembro, nun día  fresco  e ventoso de  final de outono.

As monitoras  distribuíronnos en dous grupos diferentes: un grupo  recibiu a unidade didáctica da cultura castrexa e outro grupo a unidade didáctica da cultura mariñeira.

O máis curioso foron as prácticas que desenvolvemos como verdadeiros arqueólogos e mariñeiros, disfrutar de todas estas clases de simulacións. Finalmente, demos  un pequeno paseo ata o “acuario”, unha magnífica mostra da fauna marina.

Rematamos un didáctico día,  correndo ata o autobús. Os minutos voan!!

 

Cine submarino 5º-6º

CINE SUBMARINO - 5º E 6º

O xoves pasado, 29 de novembro, todos os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos unha saída didáctica. Ao chegar ao cole tivemos media hora de clase, e despois, montámonos no autobús e dirixímonos cara ao teatro García Barbón. Unha vez alí sentámonos cada un nunha cómoda butaca, e comezamos a ver a proxección dun interesante documental.

 
Trataba sobre a vida que se desenvolvía no particular ecosistema da Gran Barreira de coral. Grazas a este documental descubrimos gran cantidade de datos a cerca dos seres vivos que alí habitan: que só un 7º da Gran Barreira é de coral, que existe un curioso peixe chamado Pepino de Mar, que a Gran Barreira se pode observar dende o espazo… e moitas curiosidades máis.

No documental tamén falaron sobre a contaminación e as súas consecuencias sobre os ecosistemas mariños. A frase: A vida destes animais, as súas formas e as súas cores é tan variada e confusa que case parece doutro planeta…, deunos moito que pensar.

Á maioría de nós fascináronnos os interesantes coñecementos que adquirimos durante a mañá.

SANDRA E DANIEL (5º B)

Titiricircus-1º ciclo

TITIRICIRCUS

O 22 de novembro o alumnado de 1º ciclo asistiu a unha representación de títeres no Centro cultural Novacaixagalicia.

Dous vellos pallasos  recordan como era o seu circo de grande e con moitos animais. Fanno dun xeito divertido con títeres: don Bigotini, a serpe Josefina, o levantador de pesos pesados, malabaristas,…
Foi una actividade interesante e divertida.

Prepárate que a función vai comezar!

Centro interactivo Naturnova-4º

SAÍDA AO CENTRO INTERACTIVO NATURNOVA - 4º

As aulas de cuarto de Educación Primaria fomos ao Centro Interactivo NATURNOVA, o martes 6 de novembro, nun día  fresco de  outono.
As monitoras ensináronnos a distribución das áreas do centro comezando polo Universo e rematando nas partes do planeta Terra.
O máis curioso foi observar todas as clases de simulacións de experimentos, como tocar e ver a formación dun tornado,... Finalmente, demos un pequeño paseo ata coller o autobús e voltar ao colexio.

Un fantástico día  afundíndonos na observación do noso planeta!!

 

Ciencia ou maxia? Educa Barrié

     CIENCIA OU MAXIA?

O día 23 de outubro de 2012 o alumnado de 6º realizou unha saída didáctica á Fundación Barrié onde se organizaba un taller científico titulado Ciencia ou maxia?

Estas son algunhas das súas opinións:

O día 23 de outubro fomos á Fundación Barrié. A excursión chamábase Ciencia ou maxia? Fixéronnos moitos trucos. Vou dicir dous deles: un era cun obxecto de tesla, era como un potenciador de raios. Apagamos as luces e saían raios e cun flexo acendía cando o achegabas. Outro era con tres latas: unha de CocaCola Zero, unha de Aquarius e outra de CocaCola light. Metían las latas nun acuario e había unha que flotaba que era a light e isto é o que vos podo contar.

 Yalila Vázquez

Sobre as dez collimos o autobús, fomos a un obradoiro chamado Ciencia ou maxia. Ensináronnos un par de trucos, que aínda que parecían maxia eran ciencia. Pasámolo moi ben. Despois subimos ao autobús e fomos ao colexio.

Adrián Prieto

O martes 23 de outubro fomos de excursión a EducaBarrié en autobús. Alí ensináronnos experimentos. O que máis me gustou foi o bazoka de aire.

Daniel Rodríguez

Yelmo Cines Copito de Neve

VISITA AO YELMO CINES

O pasado 25 de maio o alumnado de 1º de primaria foi ao cine a ver a película de debuxos animados "COPITO DE NIEVE"

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut