Skip to Content

Actividades nas aulas

Entrega premios e medallas

ENTREGA DE PREMIOS E MEDALLAS 2018

Chega o final de curso e toca facer balance e agradecer a colaboración do alumnado que colaborou nos distintos proxectos e actividades no centro.

Axudantes de biblioteca e mediación e gañadores dos torneos subiron ao escenario a recoller o seu agasallo e recibir o aplauso dos seus compañeiros e profesores para premiar a súa actitude de completar de xeito voluntario a súa formación participando en diferentes actividades.

Grazas pola vosa colaboración!

 Ver fotos na galería fotográfica

 

Charla Chus Lago

CHARLA CHUS LAGO

Estes días estivo polo colexio a nosa Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago. Unha recoñecida alpinista que alcanzou todos os oitomiles do planeta (todas as montañas de máis de 8000 metros de altitude).

Foi a primeira muller española en alcanzar a cima do Everest sen osíxeno artificial.

Explicou que aos 11 anos xa soñaba con escalar as montañas máis altas do mundo.

Animounos a perseguir os nosos soños, a poñernos retos e loitar por conseguilos. Indicounos que con esforzo e constancia non hai meta imposible de lograr.

Chus Lago enviounos un mensaxeiro anunciando a súa visita, e claro, chegou ao colexio en bicicleta. O mensaxeiro entregounos unhas mensaxes feitas en papel ecolóxico.

Ver fotos

Museo do Mar

VISITA AO MUSEO DO MAR 1º

O alumnado de 1º A e B visitou o Museo do Mar. Fixo un percorrido polas diferentes exposicións: casco dun  barco, esqueleto dun cachalote, traxes de buzos, submarino de  Sanjurjo,...  Xogaron a pescar especies de tamaño axeitado para venda. Visitaron o acuario coas especies da nosa costa dende o Museo ata as Illas  Cies: sardiña, pinto, ollomol, congrio, linguado, centola, raia, ... Escoitaron o conto da Lenda dos Mariños por parte da monitora.

                       Foi moi divertido !!!!!!

Ver fotos

Cestería 2º

 A CESTERÍA

UNHA ACTIVIDADE EMOCIONANTE!!!!!!!!

Neste mes de marzo, nunha actividade enmarcada no proxecto de centro, o alumnado de segundo gozou da visita de Martín.

Este mestre cesteiro, coas súas hábiles mans, ensinounos como facer un cesto á vez que puidemos aprender os nomes dos diferentes materiais e ferramentas que se utilizan para este traballo.

Grazas Martín!!!

 

Ver fotos

 

Día Internacional da muller 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2018

EDUCANDO EN IGUALDADE

A primeira convocatoria do Día Internacional da Muller tivo lugar en 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza. En 1977 a Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou o 8 de marzo como Día Internacional da Muller e da Paz Internacional.

No calendario escolar figura este día entre as conmemoracións a traballar e desde o centro invitamos ao alumnado a reflexionar sobre a desigualdade que aínda existe na nosa sociedade a través de varias actividades.

Entre elas destacamos dúas pinceladas:

  • Contos en feminino: desde a biblioteca invítannos a ler unha escolma de obras na que se destaca a figura feminina.
  • O alumnado de 5ºA, dentro do Proxecto Abalar, elaborou carteis dixitais nos que nos amosa o seu punto de vista.

LAZO SOLIDARIO

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO INFANTIL

O 15 de febreiro lémbrase a loita contra o cancro infantil. Desde o colexio sumámonos á iniciativa da Asociación Bicos de papel, asociación de axuda a nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de elaborar un lazo dourado. Nesta creacion participou todo o alumnado que debuxou a súa man en papel para encher de luz este símbolo e colaborar na sensibilización sobre o reto ao que se enfrontan moitos nenos e nenas e as súas familias.

Planetas 5ºA

O SISTEMA SOLAR 5ºA

Para a asignatura de Ciencias Sociais, os rapaces e rapazas de 5ºA contruíron o noso sistema solar empregando para elo diferentes materiais.

Non hai recuncho no universo que se lles resista a estes intrépidos astrónomos!

Ver fotos

Horto

A PRIMEIRA PLANTACIÓN DO ANO

Co novo ano comezamos unha nova plantación no noso horto escolar.

O alumnado de 6ºA preparou a terra e plantou allos agardando que a nova colleita sexa tan boa como a do curso pasado e que rematen nalgún prato dándolle ese toque especial.

Ver fotos

Galiñeiro

RECOLLENDO OS ÚLTIMOS OVOS!

Tras rematar o proxecto sobre os animais da granxa desenvolto o curso pasado, temos que proceder a dicir adeus ao galiñeiro.

Todo o alumnado pasou a despedirse das nosas hóspedes ás que lles agarda unha nova vida noutro espazo natural onde seguirán poñendo os seus ovos ecolóxicos.

Ai, que ricos estaban!

Ver fotos

Célula

 DESEÑANDO CÉLULAS EN CLASE

Na clase de Ciencias Naturais os rapaces e rapazas de 5ºA convertéronse en científicos construíndo células para poder estudar as súas partes.

Por certo!! Os grupos que usaron recipientes redondos, representaron células animais e os que os usaron cadrados ou rectangulares, células vexetais.

Agardamos que vos guste!

 

Ver fotos

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut