Skip to Content

Información importante sobre as autodeclaracións de comedor Enlace

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Saidas didácticas

Teatro en inglés 2015

TEATRO EN INGLÉS 2015

SPINDERELLA

Let's go to the theatre!

Tras varias sesións de traballo no colexio preparando a saída didáctica para ver unha obra en inglés chegou o momento de poñer en práctica o aprendido. O Teatro Afundación acollía unha obra titulada Spinderella, unha versión musical moderna do conto clásico da Cincenta, e alí estabamos nós dispostos a disfrutar da representación. Pasámolo de fábula colaborando cos actores nos moitos momentos en que estes solicitaban a participación do público. E un alumno de 6º tivo o honor de compartir escenario cos personaxes da obra!!!

 

Museo do mar 2º

MUSEO DO MAR - 2º

Premer na imaxe para acceder á páxina do museo

O martes 11 de novembro, o alumnado de 2º visitou o Museo do Mar. Fixeron un percorrido guiado polo acuario e participaron nunha actividade chamada A casa dos mariñeiros, na que pescaron peixes, cazaron unha balea, bogaron nunha barca e coñeceron a historia de Xoán Mariño, fundador do museo.

 

El arte de pescar 6º

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi) celebra o seu 50 aniversario con varios actos e, entre eles, unha exposición sobre o que representa a frota viguesa.

O pasado 30 de outubro os nenos e nenas de 6º participaron na actividade El arte de pescar onde puideron coñecer de primeira man as artes de pesca, a importancia da sostibilidade e a relevancia da actividade pesqueira na cidade de Vigo.

Unha proveitosa xornada mariñeira!

 

Museo Massó_Horto ecolóxico Agrelo/4º

VISITA AO MUSEO MASSÓ E

AO HORTO ECOLÓXICO AGRELO


O mércores, 30 de abril os alumnos de 4º curso fixemos unha saída a Bueu. Alí visitamos o Museo Massó e o Horto Ecolóxico Agrelo.
Na antiga factoría de conservas de pescado Massó visitamos unha exposición permanente de obxectos procedentes das antigas fábricas de salgazón e de conservas ademais doutros obxectos vinculados coas artes de pesca, sobre todo coa caza de baleas.

Despois fomos visitar o Horto ecolóxico Agrelo en Bueu, onde nos ensinaron os diferentes tipos de cultivos ecolóxicos, rego, compostaxe de residuos... Entre todos construímos un bancal: sacamos as malas herbas, sachamos, abonamos, plantamos tomates, pementos e berenxenas e despois regamos. Tamén degustamos os amorodos ecolóxicos que,  estaban moi bos!

Ver fotos

Saída MARCO 2014

VISITA AO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

O día 22 de xaneiro, as clases de 5º e  6º fomos de visita ao museo de arte contemporánea, MARCO. Ao chegar atendeunos unha monitora que nos ensinou o museo. Hai unha exposición que se chama Veraneantes que foi a que vimos.

Antes o museo Marco era un cárcere e vimos onde estaban os presos. Logo ensinounos algunhas obras de arte contemporánea e por último déronnos materiais de refugallo para facer un taller de cociña.

Sara 6ºA

 Ver fotos

Accede á páxina oficial do museo e bota unha ollada á programación de exposicións: http://www.marcovigo.com/es

Teatro ingles_Time Travellers

TEATRO EN INGLÉS

TIME TRAVELLERS

 

O día 16 de xaneiro o alumnado do terceiro ciclo asistimos ao Auditorio do Teatro García Barbón para ver unha obra en inglés, Time Travellers, da compañía Blue Mango.

A obra combinaba unha aventura baseada nas viaxes a través do tempo con divertidas cancións que traballamos previamente nas aulas. O resultado foi máis dunha hora de acción e diversión grazas a uns personaxes que captaron co seu bo facer a atención dos nenos.

 

Ver fotos

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO

DA ARTE RUPESTRE - 5º

 

O día 19 de xuño fomos ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre en Campo Lameiro. Faláronnos, sobre todo, da Idade dos Metais. Vimos dous vídeos da Prehistoria para saber máis dela, logo demos un paseo guiado e vimos os petróglifos.

Foi moi divertido a aprendimos moitas cousas.

 

Sara - 5ºA

Saída Monte Aloia 2013

SAÍDA AO MONTE ALOIA

 

O pasado martes 4 de xuño o alumnado de 4º tivemos a sorte de gozar dunha xornada no Parque Natural do Monte Aloia xunto cos nenos e nenas, tamén de 4º, do CEIP Nº1 de Tui.

 

Xuntos fixemos un percorrido pola senda botánica, unha visita á casa forestal onde nos explicaron todo o que se debe saber do parque.

 

Tras o xantar participamos nunhas actividades lúdicas: aprendemos a montar tendas de campaña, fixemos xogos ao aire libre, asistimos a un obradoiro de primeiros auxilios impartido pola Cruz Vermella de Tui, e o que máis nos gustou: cooperamos xuntos para atopar un tesouro... Que rico estaba!

Queremos agradecer a participación dos nenos e nenas de Tui e dos seus profes, Nerea e José, sen os que esta xornada non tería sido o mesmo.

 

Tenis Samil 2013

TENIS EN SAMIL

 

O alumnado de 5º desenvolveu unha xornada de tenis en Samil. Preme na cámara para ver as fotos desta deportiva saída.

 

VigoHistoria 2013

VIGO HISTORIA: A RECONQUISTA

    

O 23 de abril, os nenos de 5º de primaria fomos ao Verbum para ver a Historia da Reconquista.

Primeiro fomos a unha sala onde vimos un vídeo e nos explicaron a historia da Reconquista de Vigo. As personaxes da Reconquista foron: Napoleón Bonaparte, Sir John Moore, Cayetano Parada, Cachamuiña e Pablo Morillo.

Tamén nos contaron que na muralla había seis portas chamadas: A Gamboa, A Laxe, O Berbés, A Falperra, Pracer e a Porta do Sol. Había tamén un castelo chamado San Sebastián.

Na segunda exposición había unha furna onde estaba a carta de rendición do Comandante Chalot. No Verbum hai unha arma dos franceses que é moi grande e pesaba moito.

Silvia Rodríguez-5º A

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut