Skip to Content

Lectura na Bouza

Este luns os nenos e nenas de 1º fomos ao parque da Bouza para compartir unha pequena hora de lectura cos rapaces do Cristo da Victoria que o vindeiro curso, pasarán a Primaria. Cada ún deles escolleu un conto para lerlle ao compañeiro que elixiu. Fixéronno moi, moi ben porque xa son grandes lectores! Os máis pequenos disfrutaron do momento nun ambiente fermoso. Despois do conto tocó merenda e xogo!.  Foi unha mañá marabillosa de contos e sol...

Visita de Luís Vallecillo

Hoxe, o alumnado de 1º a 4º, tiveron a sorte de contar con Luis Vallecillo, un artista multidisciplinar madrileño de nacemento e galego de adopción. Fantástico músico, cantautor, dramaturgo e titiriteiro.. Con el cantamos e aplaudimos ao ritmo de cancións que nos lembraban a autores como Manuel María ou Rosalía de Castro. Pasámolo moi ben!

Libros de texto e material 2024-25

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

CURSO 2024-25

Ligazón ao portal educativo

Publicada a orde do 7 de maio de 2024 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Participación no fondo solidario de libros

-Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

Axudas para adquirir libros de texto

-Alumnado de 1º e 2º.

Axudas para adquirir material escolar

-Alumnado de 1º a 6º.

Presentación de solicitudes

-Do 21 de maio ao 21 de xuño (incluído) de 2024.

Solicitudes

-Presentaranse preferentemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
-Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos centros docentes ou calquera dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación a presentar

-Anexo I e Anexo II.

-Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente e outra documentación complementaria de ser o caso (segundo figura na Orde).

Documentos anexos

 

Festival Día das Letras Galegas 2024

Na véspera do Día das Letras Galegas celebramos o noso festival, presentado maxistralmente por nenas e nenos de 6ºA, onde o alumnado e nais e pais amosaron o seu talento en forma de cancións, bailes, teatro, ioga, poesía e actuacións musicais diversas. O público desfrutou e aplaudiu a rabiar. Deixámosvos unha pinga dese talento no álbum da galería fotográfica dos grupos que actuaron e do alumnado que fixo os honores coa presentación.

Feliz Día das Letras Galegas a todas as familias do noso colexio!

Obradoiro de xogos de mesa

O luns e o mércores desta semana, os nenos e nenas de terceiro, cuarto. quinto e sexto puidemos compartir parte da nosa mañá con Custom Meeple e cos seus marabillosos xogos de mesa.

A través deles traballamos a competencia matemática, lingüística, social e o control inhibitorio. Pasámolo xenial e disfrutamos moitísimo.

 

O IES fálanos de Villalta

Hoxe o alumnado de sexto tivo a sorte de poder asistir a unha charla expositiva por parte das alumnas Nora e Julia de bacharelato do IES Alvaro Cunqueiro sobre Luísa Villalta.

Moitas grazas por compartir a vosa labor.

Luísa Villalta

6ºA coas mans na masa

A semana pasada, o alumnado de sexto A volveu ,coma todos os trimestres, á cociña para practicar matemáticas e facer unha desgustación das súas elaboracións.

O obxectivo era facer cálculos matemáticos que lles permitirían conseguir cada ingrediente e ter así os precisos para facer a receita ao completo.
Pasámolo "exquisito"!

Visita de Jorge Campos

O capitán lentella foi o libro escollido polas aulas de 2º para as lecturas de aula. O autor e ilustrador deste magnífico libro, Jorge Campos, tivo a ben visitarnos e sacar a luz todas as súas ideas e desvelar algúns dos segredos ocultos desta banda deseñada. Ademais, deixounos a primicia dunha segunda entrega deste superheroe.

Jorge Campos

Plan Director

O pasado luns 6 de maio, contamos no centro un ano máis cun axente da Policía Nacional que lles deu unha charla ao alumnado de 3º ciclo sobre Seguridade na Rede, enmarcado dentro do Plan Director. Moi interesantes foron as pautas achegadas para evitar un mal uso de internet: protexer a identidade pesonal, desconfiar de descoñecidos, protexerse nos xogos na rede...

Visita de Gonzalo Aguiar

No día de hoxe, o noso alumnado tivo a sorte de compartir unhas verbas co ciclista Gonzalo Aguiar. Este vigués converteuse no primeiro galego olímpico grazas á súa participación non Xogos de Seúl de 1988. 

Moitas grazas Gonzalo Aguiar!!!

 

 

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut