Skip to Content

Saidas didácticas

Teatro inglés

FREAKY

TEATRO EN INGLÉS 2017

Un campamento de verán e tres protagonistas un pouco diferentes serviron para tratar o tema do acoso infantil entre bromas, bailes e cancións.

O alumnado de 5º e 6º asistiu a esta función teatral en inglés na que, ademais de pasar un rato divertido, tivo que aplicar os seus coñecementos nesta lingua para non perderse nada.

E, ademais, un alumno e unha alumna de 5º saíron ao escenario a facer unha competición un tanto peculiar.

 

Ver galería fotográfica

Educando con cans 2016

 ENTREGA DOS DIPLOMAS DO

PROGRAMA EDUCANDO CON CANS 2016

O alumnado de 2ºA e 4ºB, que o curso pasado participou no programa Educando con cans, organizado por Ramalladas e polo Concello de Vigo, asistiu á entrega de diplomas no Auditorio Mar de Vigo.

Acudiron varios colexios da cidade e a entrega realizouna o alcalde, Abel Caballero.

Ademais do diploma tamén recibiron un agasallo.

 

VER FOTOS NA GALERÍA

Paseo a Vitrasa 1º

PASEO A VITRASA 1º

O pasado luns 6 de xuño o alumnado de 1º  fixo unha saída a Vitrasa, para coñecer mellor o  transporte público  da nosa cidade.

 Os nenos estaban entusiasmados xa que os pais de dúas alumnas traballan  nesta empresa.

Subiron  no autobús turístico dando unha volta polo recinto; no eiruga, entrando no tren de lavado o que lle causou gran expectación. Tamén no autobús máis antigo facendo as diferenzas entre este e os máis modernos. No taller, onde viron como os mecánicos arranxaban aqueles autobuses avariados. Recibiron información da parte electrónica, merendaron e puideron comprobar nos monitores onde se atopaba todo o transporte da cidade falando por teléfono cun condutor.

Moitas grazas  aos guías estupendos que nos acompañaron.

 

 VER FOTOS

Feira do libro na EEI

FEIRA DO LIBRO NO CRISTO DA VICTORIA

O pasado mércores 25 de maio, o alumnado de 1ºA e B foi convidado á Feira do Libro, que organizou a EEI Cristo da Victoria,  con motivo das Letras Galegas. A directora Candela e a mestra  Choni recibíronnos con moito agarimo. Ensináronnos a exposición dos libros donados polos pais, mailos libros elaborados polos propios nenos e nenas. Foi moi emotivo xa que algúns os fixeran eles.

De despedida recibiron un agasallo: unha poesía de Manuel María, unha pegatina da mascota do centro, Dona Victoria "A man amiga", e un paquetiño de gusanitos. Pasámolo moi ben!!!!

 

VER FOTOS

Parque arqueolóxico Campolameiro 4º

VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO

DE CAMPOLAMEIRO - 4º

O xoves 26 de maio alumnado de 4ºA e 4ºB visitamos o Parque Arqueolóxico de Campolameiro, un lugar único e privilexiado onde coñecer de preto a arte rupestre e modo de vida dos nosos antepasados prehistóricos. Alí pasámolo moi ben nunha xornada para o recordo onde fomos arqueólogos/as e antropólogos/as  por un día. As seguintes fotografías son só unha pequena mostra do que deu de si a visita.
 

VER FOTOS

Lecturas compartidas 3º

LECTURAS COMPARTIDAS NA BOUZA - 3º

Co gallo das celebracións do Día do libro, o alumnado de terceiro do CEP Celso E. Ferreiro e o alumnado de educación infantil de 5 anos de CEIP Seis do Nadal, tiveron unha xornada de lectura compartida. Os grupos de terceiro recitaron poesías do libro de Cantarolas de Xosé Neira Vilas e os grupos de infantil recitaron a Rosalía de Castro. Despois os maiores apadriñaron aos pequenos lendo un libro en galego. Foi unha xornada lúdica e moi, moi lectora.

 VER FOTOS

TENIS SAMIL

TENIS EN SAMIL - 5º

Á segunda foi a vencida. O día presentouse espectacular. Fixemos o roteiro das árbores do sendeiro do Lagares con bastante éxito. A primavera, aínda incipiente, non favoreceu o recoñecemento dalgunhas árbores. O motivo: a falla de flores e follas nalgún caso.

Rematado o percorrido chegamos ás pistas do deporte e do bo tempo. Agradecemento aos monitores da Federación e ao IMD por deixarnos tres pistas de tenis durante dúas horas.

VER FOTOS

Teatro en inglés

TEATRO EN INGLÉS

ALICE

 

Alicia, a raíña de corazóns, o coello branco, un duende irlandés, Santa Claus, un esquelete que non dá medo... personaxes disparatados nun espectáculo escénico baseado no clásico de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll.

 

O alumnado de 5º e 6º asistiu á representación teatral en lingua inglesa, titulada Alice, no teatro de Afundación onde, ademais de gozar dunha animada función, puxo en práctica os seus coñecementos en inglés.

 

VER FOTOS

 

Cine submarino 5º

CINE SUBMARINO 5º

O teatro García Barbón foi o escenario da 25ª Semana de Cine Submarino de Vigo. O alumnado de 5º presenciou a proxección da película O legado das rías galegas, unha longametraxe para amosar a vida salvaxe na profundidade das augas das rías galegas coa finalidade de resaltar a débeda que Galicia ten pendente co mar.

 

Visita ao IES Álvaro Cunqueiro 2015

VISITA AO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

E OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS 2015

O día 3 de marzo os nenos e nenas de 6º achegáronse ao IES Álvaro Cunqueiro nunha visita guiada para coñecer o seu futuro instituto. Ademais, participaron no III Obradoiro de Primeiros Auxilios, organizado por profes e alumnos/as do instituto.
 
Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut