Este curso recuperamos os nosos tradicionais xogos populares e contamos coa colaboración do alumnado do IES Álvaro Cunqueiro, acompañados pola súa profesora de Educación Física Montse Estévez, que fixeron de monitores dos distintos grupos e aos que lles agradecemos a súa participación nesta actividade.
Fixemos moitos e variados xogos: o baileira da vasoira, xogos con xornais, xogos con aros, a zapatilla por detrás, as chapás, o escondite inglés, as carreiras de augas, os xogos cantados, polis e cacos, o brilé, os equilibristas, en formación, o pano, cazadores de rabos e á comba.
Este ano celebramos o Día do Libro durante toda unha semana cunha chea de actividades...
O martes, 23 de abril, inauguramos esta semana cun divertido mural coas fotos achegadas polo noso alumnado co seu momento favorito de lectura e visitounos a escritora Fina Casalderrey.
O mércores 24 veu ao cole Sabela Gago cunha actividade de animación á lectura.
O xoves 25 visitounos o escritor Xabier P. Docampo.
O venres 26 fixemos unha actividade conxunta de lectura ao aire libre.
E o luns 30 contounos un conto o animador Iago López.
Preme na imaxe para ver as fotos das actividades de animación
Preme na imaxe para ver as fotos da lectura ao aire libre
Amosámovos esta videomontaxe fotográfica, coordinada pola nosa compañeira Paula Rey, coa que participa no concurso Imaxina Cantares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Galicia co gallo do 150 aniversario de Cantares gallegos (17 de maio do 2013).
Neste traballo participaron o alumnado de 4ºB recitando o poema de Airiños, airiños aires de Rosalía de Castro. O alumnado de 5º A e B, mais o anterior, aportando imaxes da nosa terra, onde podemos observar o que é para cada un deles Galicia.
E por último na banda sonora composta polo noso mestre de música, Jesús, participan á frauta dous alumnos de 6º, Xián e Lucía, e tres alumnas de 4ºB, Dina aos crótalos, Noemi ao bombo e Ainara ao piano. O noso mestre Jesús acompaña co metalófono.
Dende o Plan Lector organizouse para a derradeira semana de curso unha exposición sobre cómics. Todos os cursos de primaria e da ESO pasaron por ela. A visita constaba de dúas partes, unha parte onde o alumnado puido ver unha proxección dun anime de manga e outra parte onde guiados polos alumnos de 4º PDC da ESO fixeron un percorrido sobre a historia do cómic e os seus diferentes tipos (manga ou xaponés, americano, europeo, español e galego). Como parte desta visita fixeron unha serie de xogos e actividades onde puideron amosar os seus coñecementos sobre a materia. A biblioteca cedeu para a exposición todo o fondo lector de cómics, e a maiores adquiríronse novos exemplares. Todo o equipo do plan lector agradecemos a súa colaboración.
Todo o alumnado do cole estaba convidado a participar o xoves día 21 nun concurso de disfraces de personaxes de cómics. Os alumnos premiados foron os seguintes:
1º A e B: primeiro premio para Xoel como Filemón e segundo premio para Daniela como Jéssica de Gormiti.
4º A e B: primeiros premios para Breixo como Tintín e Mario como Zipi e segundos premios para Andrea como Vilma e Xavier como Batman.
5ºB: primeiro premio para Aleida como Lufi e segundo premio para Yalila e Lucía como mulleres gato.
6º A e B: primeiro premio para Alba e Noelia como Mortadelo e Filemón e segundo premio para Nicolás como Link de Zelda.
Pero isto non foi todo, xa que por participar no concurso todos os nenos e nenas que viñeron disfrazados levaron un pequeno agasallo como recompensa pola súa participación.
"O mércores 13 de xuño, veu Yoel, porteiro do Celta, que esta tempada estará na Primeira División. Entrevistámolo os alumnos e alumnas de 6º de Primaria e tamén viron os de 4º. Cando rematamos a entrevista, firmounos en camisetas, papeis...Despois fixémonos unhas fotos con el. Algunhas das preguntas que lle fixemos eran moi interesantes e el contestounos amablemente."
Ana Iglesias. 6º
Una visita de Primera División
"El miércoles 13 de junio disfrutamos de la visita de un deportista y portero de nuestro equipo de fútbol: El Real Club Celta de Vigo.
Su nombre es Yoel y tiene 23 años. En cuanto le vimos nos pusimos muy contentos y enseguida quisimos hacerle un montón de preguntas. Con lo que nos fue contando lo conocimos un poquito más.
Nos dijo que había estudiado en nuestro cole y que había repetido un curso en la ESO. Nos explicó lo importante y lo necesario que es trabajar y esforzarse en el colegio para aprobar todas las asignaturas. Yo pensé ¡menos mal que se le dio muy bien el fútbol!
También nos contó que además del fútbol le gustan mucho las motos aunque su gran pasión son los caballos.
Respecto a su profesión nos contó que empezó a jugar al fútbol a los 10 años y, sólo a base de trabajar duro y entrenar mucho, consiguió llegar al primer equipo y con él a Primera División.
Cuando se fue nos dejó un montón de autógrafos, una camiseta suya y un buen recuerdo.
"Na clase de coñecemento do medio os alumnos de 3º B de primaria, fixemos 12 experimentos. O último deles era o dun volcán. Se queres facer un como o que fixemos na clase necesitas os seguintes materiais:
Bicarbonato
Vinagre
1 vaso de plástico
1 plato de plástico grande ou unha bandexa.
Plastilina.
Colorante alimenticio.
Deterxente líquido
Preparación:
Pon o vaso de plástico sobre un prato ou unha bandexa e rodéao de plastilina facendo unha montaña. Debes deixar a parte superior do vaso aberta porque será o cráter do volcán.
Pon unha culleriña ou unhas gotas de colorante alimentario dentro do vaso para darlle cor á lava.
Engade un par de culleriñas de bicarbonato, unhas gotas de vinagre e outras de deterxente líquido.
Cando estes ingredientes se mesturen, produciráse unha reacción química que xerará escuma e gases que sairán pola parte superior da montaña.
Se a reacción non é moi forte bota un pouco máis de vinagre."
Para despedir o mes de maio, os membros do CLUB DE LECTURA do CPI Celso Emilio Ferreiro, formado polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e polos catro cursos de Educación Secundaria, fixemos unha saída didáctica baixo a abafante calor de maio ata a tenda Sousa Comics, que está situada na Avenida de Castrelos 22 (en fronte do Pavillón das Travesas, para os máis despistados), onde fomos marabillosamente ben recibidos por Antonio, o dono da tenda, e por Ánxeles, que se achegou desde a súa tenda (Norma Comics -imos facerlles un pouco de publicidade, que ben o merecen-situada na Ronda de don Bosco) para axudarnos na nosa incursión polo inmenso mundo do cómic e guiar os nosos pasos polas distintas variedades, xéneros, autores e filias persoais de cada un de nós.
Todos os membros do CLUB DE LECTURA tiñamos un vale de 10 euros para facer unha única compra –podiamos unirnos entre varios, se dita compra era superior aos 10 euros asignados- e así facer a nosa propia aportación ás lecturas do Club e conquistar e convencer aos nosos compañeiros/as para unirse a elas.
Polo tanto, unha vez nos adentramos neste incrible universo da viñeta, e cargados coas nosas bolsas, voltamos ao noso centro dispostos a mergullarnos definitivamente nos tebeos.
Algúns alumnos de 4º ESO acudiron ás aulas de 1º e 2º de Primaria como emisarios dos nosos cociñeiros para invitalos e animalos a participar na actividade levándolles agasallos e explicándolles o funcionamento da actividade.