Skip to Content

Proxecto Sostibilidade

SOSTIBILIDADE: ECOCELSOS EN ACCIÓN

FAMILIAS EN ACCIÓN: EXPERIENCIAS PARA UN PLANETA SOSTIBLE

No mes de xaneiro compartimos coa comunidade educativa un tríptico con información sobre o proxecto de centro que estamos desenvolvendo durante este curso.

Ademais de explicarvos o nosos obxectivos e as accións que estamos realizando, tamén solicitabamos a vosa participación coa gravación dun vídeo (en horizontal) contándonos as vosas experiencias para axudar a coidar do planeta.

Animámosvos a que nos enviedes o enlace do voso vídeo (non sobre reciclaxe, ver as bases no tríptico) ao correo: ecocelsos@cepcef.es

Día da Paz

PICTOGRAMAS PARA A PAZ

A ANPA propúxonos este curso revisar e completar os pictogramas presentes nas instalacións do noso colexio. O Día da Paz procederemos a colocar os carteis que nos achegaron para mellorar a sinalización. Ademais realizou esta presentación para facilitarnos a súa  comprensión.

O noso agradecemento a todas as persoas que colaborastes nesta actividade enriquecedora para toda a comunidade educativa.

Proxecto Sostibilidade

SOSTIBILIDADE: ECOCELSOS EN ACCIÓN

CONCURSO IMAXE DO PROXECTO

Na busca dunha imaxe para o Proxecto, o noso xurado decantouse polos seguintes traballos:

- MENCIÓN ESPECIAL ABALAR para Olalla e Paula de 6ºA polo seu traballo en soporte dixital.

Parabéns ás gañadoras e ao gañador!!!!!

Moitas grazas a todo o alumnado participante e ao noso xurado formado polo alumnado de 6ºA e 6ºB.

 

TRÍPTICO INFORMATIVO

 

 

Sexto Customizando

Aquí compartimos os mellores deseños que os alumnos e alumnas de sexto crearon na área de ARTS. Pode que algún día vexamos deseños coma estes en marcas coñecidas....!!!

A nena e o grilo máis aló

A nena e o grilo máis aló

O vindeiro martes 17 de decembro, as nenas e nenos de 2º de primaria, van asistir á representación de A nena e o grilo do músico e escritor Magín Blanco, encadrada na programación de Afundación. É unha obra que mestura música e teatro para tratar temas de diferente magnitude como a tolerancia, a amizade, a cooperación e a superación.

     A programación educativa de Afundación busca “establecer valores na aprendizaxe, favorecendo o pleno desenvolvemento na transición cara a idade adulta. Concretamente, esta obra trata o respecto á natureza, afondando na importancia de reducir, reempregar e reciclar; a convivencia ou a necesidade da interacción entre as persoas e o medio ambiente”.

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut