Cantiga interpretada polo alumnado de 2ºB no curso 2019-2020.
Pincha na letra da cantiga para poder escoitala.
O piollo e a pulga querían casar.
Non tiñan panciño para “escomenzar”.
Saíu a formiga do seu formigueiro:
– “Mandaime” recado que eu son panadeiro.
– ¡Ai, miña vidiña, panciño xa temos!
Fáltanos carniña. ¿Onde a atoparemos?
E saíu o lobo detrás dun outeiro:
– “Mandaime” recado que eu son carniceiro.
– ¡Ai, miña vidiña, carniña xa temos!
Fáltannos manteis. ¿Onde atoparemos?
E saíu a araña da súa arañeira:
– Sígase esa voda que eu son tecedeira.
-¡Ai, miña vidiña, manteis xa temos!
Fáltanos gaiteiro. ¿Onde o atoparemos?
E saíu o grilo dende o seu “buxeiro”
– Por iso non quede, que eu son o gaiteiro.
-¡Ai, miña vidiña, gaiteiro xa temos!
Fáltanos madriña. ¿Onde a atoparemos?
– Sígase esa voda que eu son a madriña.
-¡Ai, miña vidiña, madriña xa temos!
– Fáltanos padriño. ¿Onde o atoparemos?
E saíu o rato do seu buraquiño:
– Se prenden o gato, eu serei padriño