Skip to Content

Información importante sobre as autodeclaracións de comedor Enlace

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Saidas didácticas

Teatro inglés 2018

ZAPPING

TEATRO EN INGLÉS

Hoxe tocaba saír do cole para mergullarse de cheo no teatro en inglés.

O alumnado de 5º e 6º asistiu á posta en escea da obra titulada Zapping, na que, entre situacións humorísticas e cancións, tratouse o tema do acoso escolar.

Unha boa oportunidade para poñer a punto o inglés que aprendemos nas aulas.

Ver fotos

Circopeta 2º

CIRCOPETA, O EXTRAORDINARIO

MUNDO DA MÚSICA!!!!!!!

O alumnado de segundo asistiu o pasado venres, 15 de decembro,  ao espectáculo teatral Circopeta. Nesta actividade puideron disfrutar dun peculiar circo que fixo as delicias deste público tan esixente coas súas coreografías motóricas, a interacción coa audiencia e os seus incribles instrumentos.

Grazas Circopeta!!!!!

 

Ver fotos

Saída Casco Vello

VISITA GUIADA AO CASCO VELLO

Enmarcado no proxecto de centro que se leva a cabo neste curso sobre a Reconquista de Vigo, todo o alumnado realizou un percorrido polos enclaves máis importantes relacionados con este feito histórico en compaña de Fiz, que fixo de guía e narrador, e Pedro, no papel dun pescador do Berbés. Moitas grazas a eles e á Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo pola súa colaboración.

 

Ver fotos

Roteiro lector 4º

 ROTEIRO LECTOR

ATA A PRAIA DE BOUZAS DE 4º

O luns 29 de maio, o alumnado de 4º nivel, fixo unha andaina desde o colexio ata a praia de Bouzas cun dobre obxectivo, combinar o exercicio físico e o fomento da lectura. En primeiro lugar, ao chegar lemos os nosos libros no atrio da Igrexa de San Miguel de Bouzas, logo xogamos na praia e merendamos e finalmente, volvemos ao colexio andando moi contentos.

Somos lectores deportistas!!!

 

Ver fotos en galería fotográfica

Bombeiros 2º

SAÍDA A BOMBEIROS - 2º

Visitamos as instalacións do Parque de Bombeiros, onde coñecemos o traballo que realizan os bombeiros  e os distintos materiais que utilizan para apagar incendios, rescate de persoas e animais, etc. Tamén baixamos pola cucaña coma se atenderamos unha chamada de emerxencia!!!!!!.

Divertímonos  moito!!!

 

Ver fotos en galería fotográfica

Lecturas compartidas 4º

LECTURAS COMPARTIDAS DE 4º

O martes 22 de maio, os alumnos de 4º nivel do colexio, tivemos un xornada de lecturas compartidas co CEIP Seis do Nadal no parque de A Bouza de Coia.

Os nosos alumnos fixeron de padriños lectores aos alumnos de primeiro de infantil, despois de ler un conto do libro de Carlos Casares A galiña azul, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017.

Tamén tivemos unha merenda xuntos e finalizamos con xogo no parque. Que xornada de lectura e diversión!!

 

Ver fotos en galería fotográfica

Vigorecicla 1º

UNHA VISITA ESPERADA -1º

Que divertido foi aprender a reciclar coa axuda do noso coñecido DINOSETO reforzando aprendizaxes xa traballadas nas aulas!

 

Ver fotos na galería fotográfica

 

Visita Corte Inglés

COÑECENDO AS GRANDES SUPERFICIES

O alumnado de 1º visitou as instalacións de El Corte Inglés: a entrada das mercadorías, os sistemas de control eléctricos e de climatización, a reciclaxe do cartón, o supermercado e tamén... a cafetería.

 

VER FOTOS NA GALERÍA FOTOGRÁFICA

Historia do violín

  HISTORIA DO VIOLÍN 5º - 6º

Os alumnos de 6ºA e B xunto cos de 5ºA e 5º B acudiron ao teatro Afundación para gozar do concerto didáctico Historia do violín. Houbo marabillosas melodías, cancións, bailes e instrumentos insólitos. Foi xenial!

 

Afundación 1º

VISITA COLECCIÓN DE ARTE

AFUNDACIÓN 1º

O alumnado do 1º realizou unha visita-obradoiro da man do Super Detective Pintafontes da Colección de Arte Afundación.

 

Ver galería fotográfica

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut