Skip to Content

Información importante sobre as autodeclaracións de comedor Enlace

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Magosto

1º Primaria

As carreiras e os resultados


1º PRIMARIA

AS CARREIRAS (Montaxe videográfica)

 

Ver fotografías

 

AS CLASIFICACIÓNS

NAYRA RODRÍGUEZ 

 

IRENE DEL RÍO  

NAYRA RODRÍGUEZ 

IRENE DEL RÍO

AINARA OTERO  

 

   DIEGO PÉREZ   

ENRIQUE PINILLA 

GIRMA BORRAJO

EXPOSICIÓN

GUÍA DA EXPOSICIÓN DA CASTAÑA


 

1ª PARTE.-  “A castaña e os seus traballos”

  • Diferenciar a castaña de indias ou da bruxa (non comestible) da castaña comestible.
  • A castaña, froito do castiñeiro. O souto conxunto de castiñeiros.
  • A recollida da castaña: primeiro recóllense as que caen directamente ao chan, logo varéase o castiñeiro con “baloiras” e recóllense os ourizos cunha “tala”. Seguidamente lévanse as “ouriceiras” e tápanse con silvas, fentos,…
  • Cando se desprenden do ourizo (“xebrar”), as castañas póñense no “canizo” ou “sequeiro” para que sequen. A continuación métense nun saco e, entre dúas persoas, golpéano ata que a castaña quede sen a pel. Logo poñense no “bandoxo” e téntase separar a castaña da “puxa” (cáscara). Cando só temos a castaña, esta chámase “pilonga”.

2ª PARTE.- “Os aparellos para o magosto”

  • O sistema tradicional é facer unha fogueira e coas brasas asamos as castañas. Tamén é moi típico facerllle unha cama ás castañas co “pico” ou “candeas” dos piñeiros e asalas lentamente.
  • O resto dos sistemas de asado son, basicamente, os mesmos variando o recipiente. Sempre con fogueira, brasas ou lume de gas. Os “tres pés” usábanse moito para colocar a lata, tixola ou grella para asar as castañas. O tambor para asalas tamén e moi común. O material máis usado para construír os aparellos é o metal, normalmente ferro, e o barro.

3ª PARTE.- A castaña na cociña

O máis habitual é asar ou cocer a castaña. Pero a verdade é que a castaña usábase como acompañamento de pratos, como o cocido ou a carne de caza. Tamén é moi común un bo número de postres e sobremesas con castaña: confitura, flan, tartas, biscoitos,… A industria alimenticia utiliza a castaña para elaborar algún produto: castañas asadas, cocidas, marrón glacé, crema de castañas, castañas en almíbar,…

 

Ver fotos

MAGOSTO 2010

MAGOSTO 2011

Esta conmemoración enténdese coma unha merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro, entorno á data do San Martiño.  

A festa non sería tal sen contar coas actividades recreativas previstas para os rapaces/as. Este ano celebraremos a V edición do CROSS SAN MARTIÑO.

 

Decoración do centro polo alumnado


O alumnado da ESO na asignatura de plástica e alternativa dedicouse a decorar o centro con cucuruchos e con castañas

 

Exposición de froitos de outono


Esta exposición é un clásico no noso centro. Cada clase pode presentar unha cesta a concurso.

Houbo un gañador en primaria e outro en secundaria.

Cabazos, mazás, castañas, ourizos…. Encheron o corredor de entrada do edificio central.

As cestas gañadoras deste ano foron:

PRIMARIA 6º PRIMARIA
SECUNDARIA 1º ESO B

 

Exposición sobre a castaña


Este ano tivemos tamén unha exposición sobre a castaña, situada na entrada do edificio central.

A exposición estivo montada durante 20 días, para que todo o alumnado puidese visitala.

Elixíronse a dous alumnos de 1º da ESO A para mostrar a exposición ao resto do alumnado do centro, incluso a outros dous centros que viñeron invitados: O Centro de Educación Infantil Cristo da Victoria e o Centro de Educación infantil e primaria Illas Cíes.

 

Ver fotografías

O Cross


Este ano celebramos a V edición do CROSS SAN MARTIÑO. 

 

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO ademais de correr foron os árbitros da carreira

 

Ver fotografías

Tomando as castañas


Tras o esforzo é hora de tomar as castañas.

Un ano máis contamos coa colaboración e axuda das nais e pais dos alumnos/as para o asado das castañas. 

Ver fotografías

 

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut