Skip to Content

*Novo: Información importante sobre as autodeclaracións de comedor Enlace

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Feliz verán

Información importante sobre as autodeclaracións de comedor

Aquí podedes consultar os documentos remitidos pola Consellería de Educación relativos á instrución de comedor e á corrección de erros que realizaron sobre a mesma.

  • Instrución 2/2024 sobre funcionamento dos comedores escolares de xestións indirecta no curso 2024-2025: enlace 
  • Corrección de erros nas instrucións sobre comedores: enlace

2024-25

 

Publícase o calendario provisional pendente do día non lectivo que lle pertence ao centro.

 

 DATAS DE INTERESE
Inicio das clases  
-Infantil, primaria e secundaria
11 de setembro de 2024

Fin das clases

 
-Infantil, primaria e secundaria
20 de xuño de 2025

Períodos de vacacións

-Nadal Do 23 de decembro de 2024 ao 7 de xaneiro de 2025 (ambos inclusive)
-Entroido 3-4-5 de marzo de 2025
-Semana Santa Do 14 ao 21 de abril de 2025 (ambos inclusive)

Días non lectivos

-Día do ensino
31 de outubro de 2024
-Día non lectivo pendente

Días festivos

-Día de Todos os Santos
1 de novembro de 2024
-Día da Constitución
6 de decembro de 2024
-Día do Traballo 1 de maio de 2025

 Orde calendario escolar (DOG 23-04-2024)

Teatro 3º

 

 

Rematamos o curso coa actuación estelar do alumnado de 3º que  interpretou unha obra de teatro titulada Ollos de botella de cristal que fixo as delicias do público asistente.

Parabéns para esta rapazada tan talentosa!

Concerto IES Alexandre Bóveda

 

Na véspera de fin de curso tivemos unha actuación especial a cargo dun grupo de alumnado do instituto Alexandre Bóveda que tocou e interpretou unha serie de temas emblemáticos da historia da música poprock diante dun público entregado que cantou e bailou dándoo todo. Queremos agradecer a este alumnado e ás súas profesoras a visita e a súa paixón no escenario.

E o público seguía pedindo: outraaa, outraaaa...

Concerto olímpico

Este ano o alumnado do Celso puxo a proba as súas habilidades musicais realizando un pequeno concerto onde sonaron melodías identificativas dos Xogos Olímpicos: Bugler's dream (Los Ángeles 1984), Waltzing Matilda (Sidney 2000), Amigos para sempre (Barcelona 1992), The impossible dream (PyeonChan 2018) e Carros de lume (Londres 2012).

Unha gran experiencia que de seguro se repetirá en vindeiros anos.

Fotografías                Audios

 

Graduación 6º 2024

Como cada final de curso chegou o momento de despedir ao noso alumnado máis veterano. Onte tivo lugar a graduación de 6º que estivo chea de bos desexos, orlas, fotos, agasallos e algunha bágoa.

Agardamos que o novo reto que comeza en setembro veña cargado de ilusións e aventuras.

Ata sempre!

Ver fotos na galería fotográfica

A NOSA BOUZA 2024

O novo exemplar da nosa revista xa está preparado para que o desfrutes.

 

 

 

 

Proxecto didáctico de centro

Información importante final de curso 23-24

  • Publicación das notas en abalarMóbil: 26 de xuño (Orde do 3 de maio de 2023)
  • Horario de secretaría no mes de xullo: do día 1 ao 12, de 10.00 a 13.00 horas.
  • Comedor curso 2024-25

As listaxes provisionais de admitidos no comedor e, de ser o caso as listaxes de reserva, serán publicadas no interior do edificio principal o 1 de xullo, abríndose de seguido un prazo de 5 días hábiles para presentación de alegacións. Unha vez resoltas as alegacións polo Consello Escolar do centro, elevará a definitivas a lista de admitidos e a lista de reserva, que serán expostas ao público no interior do edificio principal.

 

  • Axudas libros de texto e material escolar
-Listaxes provisionais de beneficiarios do fondo de libros (3º, 4º, 5º e 6º) Data de publicación: 3 de xullo (no interior do edificio principal)
-Prazo de reclamacións 4 e 5 de xullo
-Listaxes definitivas de beneficiarios do fondo de libros (3º, 4º, 5º e 6º) Data de publicación: 8 de xullo (no interior do edificio principal)
-Entrega de vales de libros de texto (1º e 2º) e material escolar Do 3 ao 12 de xullo (na secretaría do centro, de 10 a 13 horas)

Estas listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

  • Historial académico de 6º

Entre o 3 e 12 de xullo, as familias do alumnado de 6º poderán recoller en secretaría o historial académico deste alumnado ao rematar a etapa de primaria.

Para calquera dúbida ou consulta poden poñerse en contacto co centro (986 29 80 58), acudindo a secretaría ou consultando a nosa web.

DESEXÁMOSLLES UNHAS FELICES VACACIÓNS!

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut