Estimadas familias:
Comunicamos que a partir do 1 ata o 21 de marzo do 2022 estará aberto o prazo de admisión para o novo alumnado entre as etapas de Ed. Infantil e Ed. Primaria para o vindeiro curso 2022-2023 recordando que a formalización da matricula deberá ser entre o 20-30 de xuño do 2022.
SOLICITUDES: Poderán presentar as súas solicitudes por sede eléctronica a traves da web da sede da Xunta de Galicia: ADMISIÓN ALUMNADO-PROCEDEMENTO ED550B ou ben presencialmente na Secretaría do centro debidamente asinada xunto con:
- DNI dos proxenitores e alumno/a se o ten expedido.
- Certificado de Empadroamento
- Libro de Familia
- Foto do futuro/a alumno/a
- Informe Médico
- Recordamos igualmente que a solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.
AVISO: Toda aquela documentación que se achegue coa solicitude de admisión non será xa requirida na formalización da matricula.