Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Maio 23, 2024
Start: 23/05/2024 09:31

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO

E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2024-2025

 

  Aberto prazo do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

 

  1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º e 4º e 5º e 6º de Educación Primaria.
  2. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  3. AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en Educación Primaria.

FORMA DE PRESENTACIÓN:
Poderase realizar a solicitude de xeito electrónico (precísase a Chave 365 ou certificado dixital) accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que se teñan cubertos todos os datos deberase gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Con esta opción non terían que vir ao centro polo que é a máis recomendable .
  • Presentación no centro: Neste caso imprimirase a solicitude e o anexo II e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (libro de familia, sentenza de divorcio e/ou certificado de minusvalía se é o caso. O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h.
  •  Descarga do formulario (anexos I e II) 

Se o desexa poderá acudir ao colexio, a recoller o formulario para cubrilo na casa e presentalo no centro.

 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).


 PUBLICACIÓN DE LISTAXES: DATAS

As listaxe  serán publicada nas seguintes datas:

  • O 1 de xullo do 2024: Provisional 
  • O 5 de xullo do 2024 se publicarán as listaxes definitivas.
Luns Xuño 03, 2024
Start: 03/06/2024 13:43

Bo día familias!

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixeron os nosos nenos/as a Richard, o marabilloso auxiliar de conversa co que contamos este ano no centro. 

ENTREVISTA A RICHARD LAMB (AUXILIAR DE CONVERSA 2023/2024)

Un saúdo!

Sábado Xuño 15, 2024
Start: 15/06/2024 10:42

CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE  LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DOS CENTROS  DOCENTES PÚBLICOS E CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA DO CONCELLO DE RIBEIRA CURSO 2023-2024

 

Facemos constar a publicación das axudas por material escolar por parte do Concello de Ribeira para a axuda de material escolar e comedor para o vindeiro curso 2024-2025.

PRAZO ABERTO estará aberto dende o 

12 DE XUÑO DO 2024  ao 2 DE XULLO DO 2024

Poden acceder á información:

Distribuir contido