Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 03/03/2022 13:16
Mañá teremos a honra de contar no noso centro cun obradoiro de fotografía impartido polo noso célebre veciño Manuel Novo. Unha instantánea súa obtivo a puntuación máis alta no certame que outorga a Federación Española de Profesionais da Fotografía no 2021. A súa curta idade é xa unha promesa da fotografía do máis alto nivel. Manuel daralles ao alumnado unha serie de tips para facer mellores fotografías, pensando sobre todo na I mostra de fotografía "O Xigante de Area" que se celebrará en breve e da cal daremos conta pronto. |