Os nosos artistas de 5º e 6º acaba de presentar a súa coreografía "Libre" ao concurso "Coreografíate" deste ano 2024. Podedes velo pinchando na imaxe de abaixo. Recomendamos pinchar na roda de configuración que aparece no video e seleccionar calidade 1080P. Esperamos que vos guste!
Coreografíate 2024
Listaxe libros curso 24/25
No enlace da parte inferior teñen acceso á listaxe de libros correspondentes ao vindeiro curso 2024-2025.
Importante: na materia de Inglés o alumnado de 1º e 2º curso só ha de mercar o class book que se especifica na listaxe, o activity book non. xa que non se vai a empregar.
AXUDAS ESCOLARES CONCELLO DE RIBEIRA-PRAZO ABERTO
CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/AS DOS CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA DO CONCELLO DE RIBEIRA CURSO 2023-2024
Facemos constar a publicación das axudas por material escolar por parte do Concello de Ribeira para a axuda de material escolar e comedor para o vindeiro curso 2024-2025.
PRAZO ABERTO estará aberto dende o
12 DE XUÑO DO 2024 ao 2 DE XULLO DO 2024
Poden acceder á información:
Entrevista do nosos alumnos/as a Richard o auxiliar de conversa deste curso
Bo día familias!
Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixeron os nosos nenos/as a Richard, o marabilloso auxiliar de conversa co que contamos este ano no centro.
ENTREVISTA A RICHARD LAMB (AUXILIAR DE CONVERSA 2023/2024)
Un saúdo!
Apertura prazo da convocatoria Fondo Libros 24-25
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO
E MATERIAL ESCOLAR
CURSO 2024-2025
Aberto prazo do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024
- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º e 4º e 5º e 6º de Educación Primaria.
- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
- AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en Educación Primaria.
FORMA DE PRESENTACIÓN:
Poderase realizar a solicitude de xeito electrónico (precísase a Chave 365 ou certificado dixital) accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que se teñan cubertos todos os datos deberase gardar, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Con esta opción non terían que vir ao centro polo que é a máis recomendable .
- Presentación no centro: Neste caso imprimirase a solicitude e o anexo II e presentarase no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (libro de familia, sentenza de divorcio e/ou certificado de minusvalía se é o caso. O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h.
- Descarga do formulario (anexos I e II)
Se o desexa poderá acudir ao colexio, a recoller o formulario para cubrilo na casa e presentalo no centro.
ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
PUBLICACIÓN DE LISTAXES: DATAS
As listaxe serán publicada nas seguintes datas:
- O 1 de xullo do 2024: Provisional
- O 5 de xullo do 2024 se publicarán as listaxes definitivas.
Vacantes para o curso 24-25
No archivo adxunto poden ver as vacantes para o seguinte curso 2024-2025. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 de marzo ata o 20 do mesmo mes.
Recordade que podedes recoller os papeis para facer a solicitude no centro.
Plan dixital do 2022
Recollida de vales de libros e material
A partir deste luns día 4 de setembro poden pasar a recoller os vales para libros e material todas aquelas persoas que foron admitidas na convocatoria de fondolibros.
O horario para a recollida é o seguinte:
De 10 a 13:00 horas.
Un saúdo!
Aberto prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño
Prezadas familias
No acceso seguinte poderán descargar os impresos de matricula que precisan cumprimentar para a formalización de matricula para novo alumnado do vindeiro curso 2023-2024.
Recordar que tamén os poden recoller no centro.
Listaxe de libros para o curso académico 23-24
No enlace da parte inferior teñen acceso á listaxe de libros correspondentes ao vindeiro curso 2023-2024.
Importante: na materia de Inglés o alumnado de 1º e 2º curso só ha de mercar o class book que se especifica na listaxe, o activity book non. xa que non se vai a empregar.