Contidos
VIDEO (SEGUNDO CICLO)
Queridos nenos e nenas do segundo ciclo!!!!!! Mañá remata oficialmente para vós, este atípico curso, no que vivimos unha chea de experiencias que nos marcaron e que recordaremos para sempre. Cando empezamos en 3º e 4º alá polo mes de setembro do ano pasado, non se nos pasou nin pola imaxinación que iamos ter que estar nas nosas casas durante todo o terceiro trimestre. Foron uns meses difíciles, nos que demostrastes ser moi responsables e maduros. Traballastes moitísimo en diferentes tarefas (problemas, lecturas, redaccións, experimentos, proxectos, plástica...), e comportástesvos como auténticos campións e campioas.
Sabemos que este curso non se vos vai a esquecer nunca, pero queremos axudarvos a recordalo da mellor maneira posible. Por iso, as mestras do segundo ciclo, decidimos montar este video coas fotos de moitas das vivencias que tivestes xuntos ao longo dos meses que puidemos ir ao cole.
Todas nós vos queremos dicir o orgullosas que nos sentimos de vós. Estamos desexando que chegue o mes de setembro para poder vervos xa que, estes tres meses botámosvos moito de menos. Esperamos que pasedes un maravilloso verán, xa que estas vacacións tédelas máis que merecidas. Aproveitade para descansar e recargar pilas para o próximo curso, que seguro que ha de estar cheo de agradables sorpresas.
Unha aperta enorme de todas as mestras do cole e, en especial, das mestras do segundo ciclo: Ana, Nerea, Fátima e Montse.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
VIDEO SEGUNDO CICLO.mp4 | 59.41 MB |