JAVIER, O GAÑADOR DO VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA!!!
Bo día a tod@s!!!!
Imos dar por rematado este curso cunha boísima noticia...
JAVIER conseguíu un dos premios do VII concurso de fotografía matemática, convocado polo IES de Salvaterra.
PARABÉNS JAVIER!!!
Para o resto, tamén moitas felicidades porque todas as fotos enviadas eran merecedoras dun premio, pero non hai para tod@s...
Toda a clase de 6º estamos de noraboa!! Cando un/ha compañeir@ consegue algún recoñecemento, premio, alcanzar unha meta e/ou superar un atranco, tod@s nos sentimos beneficiad@s!!!
Que bo xeito de poñerlle o broche final a este curso difícil, atípico, incompleto, cheo de atrancos, ....
Sintome moi orgullosa de tervos dado clases de matemáticas este curso, aínda que non fora do xeito que a min me houbera gustado.
Se conseguín que vos decatarades de que as matemáticas son imprescindibles para a vida, son divertidas e se vos gustan un pouquiño máis... OBXECTIVO ACADADO!!!
MOITÍSIMA SORTE NO VINDEIRO CURSO, Calquera dúbida que teñades, estarei dispoñible para botarvos unha man no que precisedes. SEGUIREI SENDO A VOSA MESTRA DE MATES
MOITAS GRAZAS POLO VOSO ESFORZO, TRABALLO COLABORACIÓN E SUPERACIÓN!!!
Mestra Paqui
PD. Outra das cousas que nos quedaron pendentes foi a olimpíada das mestras... Quen gañaría???