Bo día de Luns clase de 1º e 2º!!
Comezamos una nova semana!
De seguro xa sabedes as boas novas: dende onte, @s cativ@s podedes saír á rúa!
Imaxinamos o content@s que estaredes: por fin podedes respirar un pouco de aire fresco e estirar ben as pernas!!
Iso si, antes de saír a rúa tedes que coñecer unha normas que deberedes cumprir. Por iso, imos a ensinarvos unha guía que adaptou a mestra Sabela e que ten un protagonista moi simpático: o oso lambón (premede na imaxe).
Para as mamás e os papás tamén adxuntamos unha guía que agardamos que vos sexa de utilidade (premede na imaxe).
Desfrutade moito dos vosos paseos e lembrade seguir os consellos do oso lambón!
Apertas virtuais,
Sonia e Fanny.