Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por fabrito
19/04/18

A continuación podedes disfrutar cos vídeos creados íntegramente polo alumnado de 6º, do vocabulario presente na exposición do proxecto As abellas e o mel, levado a cabo neste curso 2017/2018.

Agardamos que este traballo feito con moito esforzo e adicación sexa do voso agrado e serva para aprender un pouco máis sobre o apaixoante mundo das abellas.

1 2
3 4
5 6

 

 

 

 

Etiquetas:
Por fabrito
09/04/18

Dentro das actividades programadas no Club de Ciencia para desenvolver o Proxecto das Mulleres científicas, o pasado 23 de febreiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fixemos unha saída didáctica á Facultade de Química no Campus Universitario de Vigo, o CUVI.

A continuación podedes ver o vídeo dos obradoiros aos que asisitíu o alumnado de 3º. Pareceunos moi interesante todo o que nos explicaron e queremos expresarlle dende aquí as grazas ás Mulleres científicas da Facultade de Química,que impartiron os obradoiros, pola súa atención e a súa amabilidade.

 

 

Etiquetas:
Por terceirociclo
14/03/18

 

Este ano púxose en marcha por primeira vez o Club de Ciencia, que consiste en facer cousas relacionadas coa ciencia fóra do horario lectivo.

O pasado 21 de febreiro, foi a primeira sesión e pasamos un día magnífico!! Quedamos a comer no cole coas mestras e despois fomos para clase a facer algo que nos gusta moitísimo, EXPERIMENTOS!!!!

Tocounos descubrir se a lá quenta ou non quenta, para iso, tivemos que traer ao cole unha luva e dous xeos, un xeo metémolo dentro da luva, o outro deixámolo fóra e houbo que esperar unha hora para ver cal dos dous xeos se derretía máis. Mentres tanto, as mestras Pilar, Belén e Laura nos contaron de que ía eso do Método Científico.

 

Aquí podedes ver a luva e o xeo mentras se vai derretendo 

Mirade como se ve o xeo dentro da luva

Nós, en plena tarefa

Pasámolo super ben! Estamos desexando que chegue a seguinte sesión, que será o día 18 de abril!!!

Ata outra!!!

Etiquetas:
Por fabrito
23/02/18

 A continuación patillamos o vídeo que montamos con todas as fotos que nos mandástedes as familias e cos traballos feitos nas titorías para celebrar o Día de Rosalía e coa que participamos na iniciativa convocado pola AELG e que este ano levaba como lema #AbrideAFiestra.

 

 

Se premedes neste enlace podedes ver todos os traballos que presentaron todos os centros educativos e institucións que participaron nesta proposta.

 

Etiquetas: