O alumnado de 6º nivel de Relixión, estamos a participar nun proxecto intercentros: "A aventura de vivir a vida" coordinado por María del Carmen Lodeiro Gesto. Un proxecto que xurde coa ilusión dunhas mestras de Relixión de Murcia que contactaron con outras de Galicia e que, despois cruzaron o Atlántico ata chegar a Chile e México sendo un total de 36 os centros que intercambiamos actividades, alegrías, risas, unión...
A nos tocounos un centro de moi preto, o CEP Igrexa - Candeán de Vigo. O primeiro que fixemos foi presentarnos. Enviamos unha presentación falándolles do noso cole.
Eles tamén nos enviaron un vídeo da súa escola para que os coñezamos.
Para conmemorar esta data o alumnado de 6º nivel cóntanos moitas cousas interesantes. Sabiades por que se escolleu esta data? Cóntannolo neste programa xunto con moitas outras cousas máis, incluso ata hai unha canción inédita!!
Para conmemorar o día da música, o alumnado de 5º nivel, axudados polo mestre Frany, realizou este programa especial para o que contaron cun invitado especial, un músico de carne e óso que se prestou a pasar con nós un ratiño. Queredes saber quen é e que instrumento toca? Pois prestade atención...
Queredes escoitar algunha lenda interesante e algunha outra terrorífica de Galicia? Non vos perdades este prograna realizado polos nosos compañeiros e compañeiras de 5º nivel. Escoitade moi atentos á lenda de Paula...