1.- Incentivar a utilización de recursos internos e externos no desenvolvemento das actividades educativas que axuden a motivar e mellorar o rendemento académico do alumnado e á adquisición de valores importantes para o desenvolvemento da súa personalidade
2.- Pontenciar a boa convivencia no centro entre os membros da comunidade educativa mediante o cumprimento das normas que a rixen.
PLAN DE CONVIVENCIA: Obxectivo prioritario: bo trato, de cara a acadar unha convivencia pacífica e unha aprendizaxe sen conflitos.
3. - Traballar a coeducación e a igualdade das persoas que conformamos a nosa comunidade educativa.
4.- Participación do profesorado en cursos de formación e grupos de traballo co fin de poñerse ó día en todo o relativo a nosa labor educativa e mellorar a calidade do ensino que impartimos.
5.- Plan de Atención á diversidade. Poñelo en práctica de cara a aceptación das diferencias e de que cada alumno/a, sexa atendido/a segundo as necesidades que vaia demandando ao longo do seu proceso de aprendizaxe. Para o que é preciso ter os recursos humanos e materiais necesarios.
6.- Potenciar o uso do galego, sobre todo a expresión oral, que por desgraza ano a ano vaise perdendo no noso entorno, como vía normal de comunicación entre as persoas.
7.- Seguer a dinamizar a biblioteca como eixo central do noso PROXECTO LECTOR a través do programa MEIGA.
8.- Motivar e animar aos pais/nais a que participen no labor educativo: Actuacións conxuntas coa escola.
9.- Utilizar un vocabulario axeitado e respetuoso con tódolos membros da comunidade.
10.- Dinamización dos distintos plans contemplados na lei: Proxecto Lector, Proxecto Lingüístico, Plan de Acción Coeducativo, Plan de Convivencia e Plan de Acción Titorial.