Skip to Content

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR 24/25

PARA 6º INFANTIL, 1º,2º,3º,4º,5º PRIMARIA

No DOG do 20 de maio de 2024 saen publicadas as axudas para adquirir libros de texto (1º, 2º de Primaria), fondo solidario de libros de texto (3º, 4º de Primaria), e axudas para material escolar (todos os cursos de Primaria) para o curso 2024/2025.

O alumnado que pasa para 5º, 6º de Primaria terá libros dixitais (E-DIXGAL), polo que só pode pedir as axudas para mercar material escolar.

Aclarar que estas axudas se adxudican segundo a renda familiar (declaración da renda de 2022).

O prazo máximo para a presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024 (inclusive).

No documento adxunto tedes unha folla resumo elaborada polo colexio,

Os Anexos I e II podedes recollelos no colexio. Tamén podedes descargalos en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros.

Toda esta documentación podedes entregala no colexio ou a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal ,formulario normalizado ED330B-anexos I e II.

 

 

PARA 6º PRIMARIA QUE PASA PARA 1ºESO

No DOG do 20 de maio de 2024 sae publicada a participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado da ESO para o curso 2024/2025.

Aclarar que estas axudas se adxudican segundo a renda familiar (declaración da renda de 2022).

As familias do alumnado de 6º de primaria que pasa para 1º ESO, deben presentar no Instituto a seguinte documentación:

-- Anexos I e II. Podedes recollelos no colexio ou instituto. Tamén podedes descargalos en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros.

-- Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da familia.

-- Sentenza de separación ou divorcio, se é o caso.

O prazo máximo para a presentación de solicitudes remata o 21 de xuño de 2024 (inclusive).

Toda a información e documentos para descargar aquí: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

Toda esta documentación podedes entregala no Instituto ou a través da sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal ,formulario normalizado ED330B-anexos I e II.

 

AdxuntoTamaño
Info.pais axudas libros.pdf203.48 KB


page | by Dr. Radut