Skip to Content

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO

Durante o vindeiro mes de novembro iníciase o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar do noso colexio.

No caso dos mestres/as corresponden CINCO REPRESENTANTES, dos cales un continuará, polo que toca elixir a catro.

No caso das nais/pais, igualmente, corresponden CINCO REPRESENTANTES, dos cales un continuará, polo que toca elixir a catro.

O primeiro paso será a Constitución da Xunta Electoral, que rexirá todo o proceso. Para elo farase un sorteo o vindeiro mércores 2 de novembro as 10:00 no colexio. Esa Xunta estará composta pola Directora, un mestre/a, unha nai/pai e un representante do PAS (persoal de administración e servizos), máis os seus suplentes.

Por medio do ABALAR e no taboleiro de entrada do colexio, iremos informando dos seguintes pasos.

 

Atentamente.

O equipo directivo.



page | by Dr. Radut