DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS EN PRIMARIA
Hoxe publicouse no DOG a orde para establecer os criterios e o procedemento para que os
centros docentes públicos distribúan máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria.
A continuación facémosvos un breve resumo.
Empréganse os datos das axudas de libros e material que solicitastes en xuño:
a) As familias que se vos concedeu o vale de material, automaticamente vos corresponden máscaras.
b) As familias que non se vos concedeu a axuda de material, non vos corresponden máscaras.
c) As familias que non solicitastes dita axuda, tedes de prazo ata o venres 26 de novembro.
Seguiremos informando sobre cando e como repartiremos as máscaras ao alumnado que lle corresponde.
Calquera dúbida estamos en secreatría a vosa disposición.
Saúdos
O equipo directivo