MATRÍCULA PARA 1º ESO E PARA NOVO ALUMNADO EN PRIMARIA
Do 1 ao 10 de xullo é o periodo de matrícula.
Deberá matricularse o alumnado de 6º que vai para 1º da ESO ao IES.Indalecio Pérez e o alumnado que ven de Infantil para 1º de primaria, ademáis de todo o alumnado que se incorpora a un centro novo. Os nenos/as que continúan no noso colexio non deben facer ningún trámite.
Matrícula para 1º ESO no IES. Indalecio Pérez:
Deben facelo no IES o mércores 1 ou xoves 2 de xullo de 9:00 a 14:00 horas. Levar bolígrafo azul de casa.
Os impresos e documentación poden recollerse no CEP. de Caldelas ou descargarse na páxina web do Instituto. Se queredes, a titora de 6º volos pode entregar o martes 30 de xuño, cando veñades ao colexio a devolver os libros de texto.
Matrícula para 1º de Primaria (ou para novo alumnado) no CEP. de Caldelas:
Deben facelo no noso colexio do 1 ao 10 de xullo.
Os impresos e documentación poden recollerse no CEP. de Caldelas.