Skip to Content

Aplicación AbalarMóbil

Queremos recordarvos a importancia de descargar a aplicación AbalarMóbil. Deixamos adxunto o manual de uso para familias.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID19

Adxuntamos o Plan de adaptación a situación COVID 19 no curso 2020-21 no CEP de Caldelas.

BECAS ALUMNADO CON NEE CURSO2020/21

Convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidade específicas de apoio educativo no curso académico 2020/2021
Prazo de presentación de solicitudes do 9 de agosto de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.
Podedles consultar calquera dúbida no Cole a partir do 1 de setembro.
Tedes toda a información na seguinte ligazón.
 

AVISOS VARIOS DE XULLO DE 2020

ENTREGA VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR:

Xa podedes pasar polo cole a recoller os vales de libros (1º e 2º) e de material escolar (todos os cursos). Estaremos ata o luns 13 xullo incluído.

 

LISTAS DE ADMITIDOS NO FONDO DE LIBROS DE TEXTO:

O xoves 9 de xullo publícase a relación provisional.

O martes 14 de xullo publícase a RELACIÓN DEFINITIVA

Recordamos que este fondo solidario é para o alumnado que vai para 3º,4º,5º,6º.

 

RECOLLIDA DE HISTORIAS ACADÉMICOS (SÓ 6º):

O alumnado que rematou 6º, pode pasar polo colexio cando queira a recoller os Historiais Académicos. Trátase dun resumo académico de toda a etapa primaria.

 

PARA CALQUERA ACLARACIÓN OU PREGUNTA PODEDES CHAMAR AO TELÉFONO 886.110822.
ESTAREMOS NO COLEXIO PARA ATENDERVOS ATA O LUNS 13 DE XULLO (INCLUÍDO) DE 10:00 A 13:00H.

 

MATRÍCULA PARA 1º ESO E PARA NOVO ALUMNADO EN PRIMARIA

Do 1 ao 10 de xullo é o periodo de matrícula.

Deberá matricularse o alumnado de 6º que vai para 1º da ESO ao IES.Indalecio Pérez e o alumnado que ven de Infantil para 1º de primaria, ademáis de todo o alumnado que se incorpora a un centro novo. Os nenos/as que continúan no noso colexio non deben facer ningún trámite.

 

Matrícula para 1º ESO no IES. Indalecio Pérez:

Deben facelo no IES o mércores 1 ou xoves 2 de xullo de 9:00 a 14:00 horas. Levar bolígrafo azul de casa.

Os impresos e documentación poden recollerse no CEP. de Caldelas ou descargarse na páxina web do Instituto. Se queredes, a titora de 6º volos pode entregar o martes 30 de xuño, cando veñades ao colexio a devolver os libros de texto.

 

Matrícula para 1º de Primaria (ou para novo alumnado) no CEP. de Caldelas:

Deben facelo no noso colexio do 1 ao 10 de xullo.

Os impresos e documentación poden recollerse no CEP. de Caldelas.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO

AS DATAS PARA DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO DO RECÉN REMATADO CURSO, SON:

- Luns 22 xuño:  3º
- Xoves 25 xuño:  4º
- Venres 26 xuño:  5º
- Martes 30 xuño:  6º

Os libros serán recollidos na bibiloteca do colexio polo voso titora/a. Pregamos cumprir as medidas hixiene e de seguridade, entrando na biblioteca de un en un e con mascarilla. Tedes xel hidroalcólico na entrada do centro.
No caso de irmáns, podedes devolver os libros no día indicado que queirades.

BOLETÍN DE NOTAS DE FIN DE CURSO

Este atípico curso 2019/2020 chega ao remate.

As notas de fin de curso serán consultadas polas familias na aplicación ABALAR MÓBIL o martes 16 de xuño a partir das 12:00h. Se algunha familia non ten acceso a aplicación, pode pedir o boletín no colexio.

Por outro lado recordarvos que o venres 19 de xuño, ademáis de rematar o curso, remata o prazo das Axudas de Libros de Texto e material escolar. Cara a fin de mes vos avisaremos para que devolvades os libros de texto en préstamo (requisito imprescindible para optar as axudas).

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS POR MOR DO COVID-19

Nos arquivos adxuntos, están as adaptacións das programacións didácticas que elaborou o profesoradodo do CEP. de Caldelas seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020 da Consellería de Educación.

Convocadas as axudas para libros de texto e material escolar curso 2020-2021

 

CONVOCADAS AS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO (1º, 2º), PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º, 4º, 5º, 6º E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2020/2021 (Orde 12 de maio de 2020, publicada no DOG. do 19 de maio).

Tedes toda a información no arquivo adxunto.

 

Benvid@s a web do CEP CALDELAS

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/cepcaldelas/?q=system/files/u10/Captura%20de%20pantalla%202020-05-07%20a%20las%2021.16.12.png

 

Estimadas Familias:

 

Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles uns videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar determinados servizos dixitais educativos. Os referentes ás familias son:

 

Dous sobre a aplicación para as familias abalarMóbil
• Videotitorial sobre a instalación e rexistro de abalarMóbil: https://www.youtube.com/watch?v=O5AQ6P0Z_Tc&feature=youtu.be

 

• Videotitorial sobre as funcionalidades de abalarMóbil: https://www.youtube.com/watch?v=6cY5JtUURaM&feature=youtu.be

 

Tres sobre o uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do profesorado e do alumnado
• Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex - alumnado: https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk&feature=youtu.be

 

• Videotitorial sobre o servizo de videoconferencias Webex - que navegador usar en equipos Linux: https://www.youtube.com/watch?v=WHp3tNh6EoU&feature=youtu.be

 

Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar (https://www.youtube.com/user/espazoAbalar) e no Espazo de servizos dixitais educativos (https://www.edu.xunta.es/espazoAba…/espazo/servizos-dixitais), dentro das seccións App de comunicación abalarMóbil, Ferramenta de portfolio Agueiro, Servizo de videoconferencia Webex, Servizo de comunicación espazoAbalar e Aulas Virtuais.

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/cepcaldelas/?q=system/files/u10/Captura%20de%20pantalla%202020-03-30%20a%20las%2020.39.56.png

 

 

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/cepcaldelas/?q=system/files/u10/Captura%20de%20pantalla%202020-03-16%20a%20las%2013.46.28.png

 

Atopámonos no lugar de Foxo, Caldelas (Tui). O noso teléfono e fax de contacto é 886110821 / 886110822 en horario de 9:00 a 14:00. O correo electrónico é ceip.caldelas@edu.xunta.es

Distribuir contido


by Dr. Radut