Skip to Content

NOVAS INICIO CURSO 2021/2022

Benvidos ao novo curso!!

Como sabedes, este curso temos a novidade da incorporación de Educación Infantil ao noso centro. Pasamos de ser un CEP a un CEIP e afrontamos o reto con moita ilusión.
Vos damos unha serie de novas e avisos importantes:

** REUNIÓNS INICIO CURSO
A reunión coas familias de Educación Infantil será este Luns 6 setembro as 4 da tarde no colexio. Só pode vir un adulto por neno. Deberase cumprir coas medidas do protocolo.
As reunións de Educación Primaria serán avisadas puntualmente unha vez comecen as clases.

** LISTAS DE MATERIAL ESCOLAR
Nestes días publicaremos nesta web o listados de material escolar por cursos.
As listas de libros de texto están colgadas nesta web na sección Documentos<<<Libros de Texto.

** VALES DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL
Todas as familias que tiñades dereito a estos vales e aínda non os recolléstedes, podedes facelo estos días no colexio.

** PROTOCOLO COVID
O novo Protocolo Covid para o curso 21/22 está colgado nesta web na sección COVID-19<<<Protocolos. Os cambios con respecto ao curso pasado son mínimos.

** COMEZO CLASES
As clases para Educación Infantil e Primaria comezan este Xoves 9 setembro. A xornada escolar é de 9 a 14 horas. Haberá transporte escolar dende o primeiro día. O funcionamento e inscrición na Aula Matinal e Tardía volo explicaremos proximamente.

"DIGICRAFT NO TEU COLE" NO CEP DE CALDELAS

O noso centro foi admitido para participar no Proxecto Digicraft co alumnado de 5º e 6º de Primaria. Trátase  dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas. Durante este terceiro trimestre o alumnado de 5º e 6º  levarán a cabo actividades con portátiles, inicio de linguaxe de programación e outras tarefas relacionadas. Tedes máis información no arquivo adxunto e no enlace: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/Digicraft

 

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS

Como xa vos informamos, dende o 18 ata o 29 de xaneiro de 2021, o CEP. DE CALDELAS está levando a cabo este programa. Neses días repartiremos froitas como mazás, plátanos, peras, kiwis e clementinas, fomentando así unha alimentación saudable.

ACTIVIDADES NADAL

Mañá, martes 22 de decembro, durante o recreo ofrecerase ao alumnado que o desexe unha chocolatada e rosca. Cada neno/a deberá traer da casa un vaso de plástico ou calquera recipiente identificado para tomar o chocolate. Isto é posible grazas a ANPA e ao Colexio. 

A partir das 12:45h faremos xogos, por aula, ao aire libre.

Aproveitamos a ocasión para desexarlles unhas boas festas, traballo, saúde e educación para tod@s

REPARTO DE MÁSCARAS

As familias do alumnado que lles corresponde recibir máscaras reutilizables, poden pasar por dirección a recollelas. Entregaranse 4 máscaras por alumno/a. Saúdos

ENTREGA DE NOTAS E VACACIÓNS DE NADAL

O luns  21 de decembro, os titores/as entregarán as notas da primeira avaliación aos alumnos/as. Tamén as poderedes ver na aplicación abalarMóbil.

As vacacións de Nadal son dende o mércores 23 de decembro ata o xoves 7 de xaneiro, ambos inclusive.

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS DO COLEXIO

O xoves 17 de decembro a partir das 12:30h celebraremos o tradicional campionato escolar de Campo a Través no colexio. 

Tomaranse as medidas necesarias, seguindo o protocolo COVID, para que a carreira sexa segura. Entre outras: non podedes vir as familias; e farase unha soa carreira, é dicir, non haberá finais entre clases. 

En caso de chuvia, a carreira celebrarase nunha data a concretar despois das vacacións de Nadal.

DÍAS NON LECTIVOS

Lembrámosvos que o luns 7 e o martes 8 de decembro son días non lectivos.

As vacacións de Nadal son do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos incluídos. As clases comezarán o venres 8 de xaneiro.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO DE PRIMARIA

Segundo a orde do DOG do 6 de novembro terán que distribuir máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria que cumpla os seguintes criterios:

"1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias,
pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de
Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda
da unidade familiar."

Aquelas familias que sodes beneficiarias de axuda de MATERIAL ESCOLAR non tedes que presentar ningunha solicitude pois automaticamente xa está aprobada. Os que querades presentar solicitude porque pensades cumprides os requisitos o prazo é dende o 16 ao 27 de novembro no propio centro.

Adxuntamos a orde do DOG coas instruccións e a solicitude.

Distribuir contido


by Dr. Radut