Skip to Content

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS ATA O 21 DE MARZO

NOVO PROTOCOLO COVID-19 (14 XANEIRO 2022) E RESUMO

No arquivo adxunto, tedes o novo Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte a COVID-19 publicado o 14 de xaneiro de 2022.

Así mesmo, tedes un resumo a continuación.

REPARTO DE FROITA FRESCA

 

O noso colexio participa no Programa Escolar de Consumo de froitas, hortalizas e leite  da Unión Europea.

Imos repartir froitas dende o vindeiro luns 17  ata o venres 28 de xaneiro de 2022, ambos inclusive. Realizaremos o reparto cada día, xusto antes da hora da merenda.

Esta primeira semana as froitas serán, por esta orde: plátano, mandarina, mazá, pera e mango.

Toca a unha ración para cada neno/a. Se sobrase, poderán repetir. Se vostedes consideran que non lle chega ese almorzo, poderán enviar ao seu fillo/a algo máis da casa.

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS REUTILIZABLES

Hoxe repartimos as MÁSCARAS REUTILIZABLES a todo o alumnado do colexio. 

Segundo a Orde do 28 de outubro de 2021 corréspondelle ao alumnado de primaria que lle foi concedido o vale de material. A ditos alumnos/as lle repartimos un lote de 4 máscaras. 

Aínda que os demais non lle correspondía oficialmente, dende o centro decidimos repartirlles  unha máscara REUTILIZABLE. 

 

No panel de anuncios podedes comprobar a listaxe definitiva de distribución de máscaras.

 

ACTIVIDADES DE NADAL

Informávosvos sobre as actividades de fin de trimestre. Seguiremos o Protocolo COVID, polo que NON PODEN ASISTIR AS FAMILIAS.

 

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS:

O venres 17 partir das 12:15 h celebraremos o tradicional campionato escolar de Campo a Través no colexio. 

 

ACTIVIDADES DE NADAL:

O luns 20 haberá un concerto de Cé Orquestra Pantasma no patio. 

O martes 21 a partir das 11:30h, ofrecerase ao alumnado unha chocolatada e rosca. Cada neno/a deberá traer da casa un vaso de plástico ou calquera recipiente identificado para tomar o chocolate. Isto é posible grazas a ANPA e ao Colexio. 

 

ENTREGA DE NOTAS:

O martes 21, as titoras entregarán as notas da primeira avaliación aos alumnos/as. Tamén as poderedes ver nesta aplicación.

 

VACACIÓNS DE NADAL:

Serán dende o mércores 22 de decembro ata o domingo 9 de xaneiro, ambos inclusive.

 

Aproveitamos a ocasión para desexarlles unhas boas festas, traballo, saúde e educación para todos/as.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS EN PRIMARIA

Hoxe publicouse no DOG a orde para establecer os criterios e o procedemento para que os

centros docentes públicos distribúan máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria.

A continuación facémosvos un breve resumo.

Empréganse os datos das axudas de libros e material que solicitastes en xuño:

a) As familias que se vos concedeu o vale de material, automaticamente vos corresponden máscaras. 

b) As familias que non se vos concedeu a axuda de material, non vos corresponden máscaras.

c) As familias que non solicitastes dita axuda, tedes de prazo ata o venres 26 de novembro. 

 

Seguiremos informando sobre cando e como repartiremos as máscaras ao alumnado que lle corresponde. 

Calquera dúbida estamos en secreatría a vosa disposición.

 

Saúdos

O equipo directivo

PONTE DE OUTUBRO

O vindeiro luns 11 e martes 12 de outubro non haberá clases. O martes 12 é festivo nacional e o luns 11 marcouno a Consellería de Educación no calenadrio escolar 21/22 como ponte (Día do ensino).

Informarvos tamén que os 2 días que eleximos desde o CEIP de Caldelas como NON LECTIVOS foron o 25 de abril (Festivo local de Tui) e o 16 de maio (ponte das Letras Galegas).

 

REUNIÓNS DE PAIS/NAIS MARTES 28 SETEMBRO

O martes 28 de setembro serán as reunións dos pais/nais coas titoras de educación primaria. Serán presenciais no colexio mantendo as medidas de seguridade.

O horario é o seguinte:

16:00 horas: 1º e 3º-4º.

16:30 horas: 2º e 6º.

17:00 horas: 5º

LISTADOS DE MATERIAL DE 1º E.P.

Adxuntamos o listado de material para 1º de Educación Primaria. Non fai falta que traian o material o primeiro día, o poden traer pouco a pouco.

LISTADOS DE MATERIAL POR AULA

Adxuntamos os listados de material das diferentes clases de primaria para o curso 2021/22.

Esperamos axudarvos e axilizar así a compra, o podedes ir traendo pouco a pouco os primeiros días.

Recordámosvos que tendes vales de material pendentes de recoller. Estamos en secretaría de 9:00 a 14:00.

 

NOTA: Falta o listado de 1º de primaria por estar pendente de nomear o titor. Tan pronto teñamos noticias vos informaremos

 

Saúdos

Distribuir contido


by Dr. Radut